RSS Parrot

BETA

🦜 Nós Diario - Xornal de intereses galegos

@www.nosdiario.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: www.nosdiario.gal

Feed URL: www.nosdiario.gal/rss

Posts: 225

Followers: 68

Juan Suárez, de Mar de Fondo: "O disco é unha homenaxe a todos eses grupos que foron a banda sonora da miña vida"

Published: December 10, 2025 20:28

Jesús Suárez (A Coruña, 1977), de Mar de Fondo, celebra a década da banda coruñesa cun disco que afonda no seu ADN rockeiro e suma dous aliados de luxo: Abraham Cupeiro e José Cancela. O disco contará con dous adiantos en febreiro e marzo de 2026, sendo o…

Tomé dimite como presidente da Deputación de Lugo e continúa como alcalde de Monforte

Published: December 10, 2025 20:24

José Tomé dimitiu esta cuarta feira como presidente da Deputación de Lugo e deixou todos os cargos no PSdeG –no que solicitou a suspensión provisional de militancia–, mais manterase na entidade provincial como deputado non adscrito e na Alcaldía de…

PP, PSOE, Vox e Sumar tomban no Congreso a proposta do BNG para que Galiza conte cun sistema propio de financiamento

Published: December 10, 2025 19:07

Néstor Rego insistiu en que o actual réxime común baséase "no principio de necesidade", mentres que o concerto económico fundaméntase "na capacidade", que Galiza "ten e debe exercer".

A Garda Civil detén a ex militante do PSOE Leire Díez por presuntas irregularidades en contratos públicos

Published: December 10, 2025 18:21

A ex militante socialista figura tamén como investigada por posíbeis delitos de tráfico de influencias e suborno nunha causa instruída polo Xulgado de Instrución número 9 de Madrid.

O PSdeG confirma a suspensión de militancia de José Tomé e reclámalle as súas actas

Published: December 10, 2025 16:53

O partido manifesta o seu apoio ás vítimas de "calquera conduta machista" e lembra que o PSOE "sempre deu pasos fronte á desigualdade, caia quen caia". Subliña que esta resposta forma parte da súa política de "tolerancia cero".

Tomé dimitirá como presidente da Deputación de Lugo e deixará os seus cargos no PSdeG tras as denuncias por acoso

Published: December 10, 2025 15:52

Militantes do PSdeG denunciaron na canle interna do partido por acoso sexual a José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, secretario provincial do partido e alcalde de Monforte, segundo afirma o programa 'Código 10' da canle 'Cuatro'.

A Marcha Mundial das Mulleres exixe a dimisión inmediata de José Tomé tras as denuncias de acoso sexual

Published: December 10, 2025 15:18

A organización feminista expresa a súa "condena absoluta" ante os feitos denunciados e a súa "solidariedade plena" coas mulleres que sinalaron as condutas, lembrando a dificultade de romper "estruturas de poder que actúan como barreiras silenciosas".

A parte nacionalista do bipartito entre o PSdeG e o BNG manterá este sábado un encontro no que Anxo Quintana fará unha intervención

Published: December 10, 2025 14:30

Con motivo dos 20 anos da conformación do Goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG na Xunta da Galiza, a parte nacionalista realizará un encontro estes sábado 13 de decembro no que intervirá o vicepresidente dese Executivo, Anxo Quintana.

O BNG anuncia que sairá do Goberno da Deputación de Lugo se José Tomé non dimite ou non é apartado da Presidencia da institución

Published: December 10, 2025 13:00

Neste sentido, Efrén Castro demandou a esta formación "apartar José Tomé das súas funcións políticas e investigar as denuncias que se realizaron até o último extremo".

Clun e Leite Celta crean "o gran grupo lácteo da Galiza", unha nova empresa con 1.400 produtoras e 800 persoas empregadas

Published: December 10, 2025 12:43

Clun e Leite Celta alcanzaron un acordo para crear unha alianza estratéxica e constituír unha nova empresa que sumará a potencia da base cooperativa coa innovación industrial e a solidez comercial.

Pontón considera que a situación de Tomé "ante as denuncias tan graves é insostíbel": "Se non dimite o PSOE ten que apartalo"

Published: December 10, 2025 12:13

"Total apoio e credibilidade ás mulleres denunciantes, que deben ser escoitadas e acompañadas tras a valentía de dar o paso, xusto o contrario do que fixo o PP cando mantivo durante meses un conselleiro presunto agresor sexual", manifestou a portavoz…

Lara Méndez di sentir "tristeza e repugnancia" polos suposto acoso sexual de Tomé e reitera que o PSdeG fará un "pronunciamento contundente"

Published: December 10, 2025 11:44

"As información sobre este presunto acoso sexual en Lugo [por parte do presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé] non só nos producen tristeza senón que nos producen repugnancia", sinalou a secretaria de Organización do PSdeG.

O PSOE recoñece que recibiu esta semana unha acusación de "comportamentos machistas" contra Tomé e anuncia para hoxe un "pronunciamento contundente"

Published: December 10, 2025 10:21

Fontes do PSdeG aseguran que a formación fará "un pronunciamento contundente" esta cuarta feira, logo de que o programa 'Código 10' emitido este 9 de decembro en Cuatro informara sobre denuncias de tocamentos e comentarios que suporían acoso sexual por…

O BNG pide ao Goberno español exixir a liberdade de Domingos Simões Pereira e o restabelecemento da democracia na Guiné Bissau

Published: December 10, 2025 09:07

A organización nacionalista demanda activar as accións diplomáticas necesarias para "lograr o retorno á legalidade democrática" e a liberación "inmediata" do presidente do Paigc e de todas as persoas detidas.

Vaise Robe Iniesta, líder de Extremoduro, impulsor do rock transgresivo e ídolo de xeracións

Published: December 10, 2025 07:23

Robe, nacido en Plasencia (Cáceres, Estremadura) o 16 de maio de 1962 e galardoado en 2024 coa Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes, foi un dos músicos e letristas máis destacados do rock estatal, cun estilo que el mesmo cualificou de rock…

A Cátedra de Estudos Galegos de Lisboa tende pontes a través da obra camoniana

Published: December 10, 2025 07:12

A Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa (FLUL) traballa os vínculos galego-portugueses a través da Cátedra de Estudos Galegos, dirixida pola lingüista galega Ana María Sánchez Tarrío e vén de desenvolver un simposio para ampliar o enfoque galego…

Xaime Cortizo une foto e viticultura nunha viaxe interior de Compostela á Ribeira Sacra

Published: December 10, 2025 07:11

'Viaxe interior de Pedra, Auga e Viño' é a maridaxe de dúas paixóns do fotógrafo Xaime Cortizo: a imaxe “inspiradora” das rúas compostelás e as “paraxes fantásticas” da Ribeira Sacra. O espazo enocultural Vide, Vide! uniu as fotografías da exposición e a…

Varias militantes do PSOE acusan na canle interna do partido ao presidente da Deputación de Lugo por acoso sexual

Published: December 9, 2025 22:34

Militantes do PSdeG denunciaron na canle interna do partido por acoso sexual a José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, secretario provincial do partido e alcalde de Monforte, segundo afirma o programa 'Código 10' da canle 'Cuatro'.

O Uni Ferrol continúa soñando en Europa: o Sesto San Giovanni, seguinte rival

Published: December 9, 2025 21:17

A Eurocup continúa co seu ritmo frenético de competición co comezo dos play-off. O Baxi Uni Ferrol, que foi primeiro de grupo sen coñecer a derrota, medirase esta cuarta feira a domicilio ao Geas Basket Sesto San Giovanni de Milán. As de Lino López viaxan…

Pura Salceda, escritora: "Quero que este libro poida achegar certos espazos que non se coñecen desde fóra"

Published: December 9, 2025 21:14

Pura Salceda (Cidade de México, 1961) vén de recibir o Premio de novela Vilar Ponte por A dous pasos do Edén, unha obra que tece diversas historias desde a experiencia dun xornalista en diálise. Dentro das portas do hospital, a novela explora afectos…

O Congreso aproba debater unha nova lei para blindar os dereitos lingüísticos

Published: December 9, 2025 19:47

O Congreso aceptou esta terza feira tramitar a Proposición de lei orgánica de garantía do plurilingüismo e dos dereitos lingüísticos da cidadanía, que busca corrixir o "desequilibrio histórico" que situou o castelán nunha situación de "privilexio" nas…

Mulleres do mundo marcharon polo Sahara Occidental con representación galega nos campamentos saharauís

Published: December 9, 2025 18:28

Durante a semana de actividades, a representación galega puido reunirse con organizacións de mulleres, defensoras de dereitos humanos, responsábeis institucionais e familias saharauís, coñecendo de primeira man a realidade do pobo saharauí tras medio…

Os Colexios médicos urxen evitar casos como o de Torrejón: Ribera Salud posúe tres centros sanitarios na Galiza

Published: December 9, 2025 17:48

A Comisión de Ética e Deontoloxía do órgano que agrupa os catro colexios médicos da Galiza traslada a súa "máxima preocupación" fronte á posibilidade de que houbese "ordes internas orientadas a rexeitar pacientes, a demorar intervencións ou a reutilizar…

A CIG acusa a conselleira Fabiola García de vivir "cega, xorda e muda" ante a situación do SAF na Galiza

Published: December 9, 2025 13:15

A central sindical nacionalista anuncia que continuará presentándose no proceso penal iniciado após o crime de Teresa de Jesús Rodríguez, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Porriño (comarca de Vigo), o pasado verán.

Diana Gonçalves presenta en Madrid Resonancias, un diálogo filmado entre Galiza e o norte de Portugal

Published: December 9, 2025 12:24

A curta poderá nunha nova sesións, onde Gonçalves continúa a consolidar unha traxectoria marcada pola mirada transfronteiriza e pola reivindicación das conexións culturais que unen ambas as marxes do Miño.

O Goberno do PP en Ferrol "exclúe" o Apalpador da súa programación de Nadal

Published: December 9, 2025 09:52

A asociación cultural Atrábria denuncia que, logo de perto de dez anos colaborando na difusión da figura do Apalpador na cidade de Ferrol, o Goberno local do popular José Manuel Rei Varela decidiu "excluir" esta actividade da súa programación de Nadal. De…

Bruxelas investiga Google por posíbel abuso no uso de contido para adestrar a súa IA

Published: December 9, 2025 09:15

A Comisión Europea vén de abrir unha investigación formal contra Google para determinar se a compañía violou a normativa comunitaria de competencia ao utilizar contidos de editoriais, medios dixitais e creadores de YouTube no adestramento e funcionamento…

O Deportivo deixa ver as súas debilidades mais non abandona a loita polo ascenso

Published: December 9, 2025 07:15

O tropezo do Deportivo esta última xornada de liga ante o CD Castellón (1-3) en Riazor alerta a Antonio Hidalgo dalgunhas eivas no seu equipo. Os branquaizuis, con todo, continúan en postos de ascenso directo aínda que empatados a puntos coa UD Almería…

A concentración da produción láctea levou 4.394 granxas ao feche en 10 anos

Published: December 9, 2025 07:13

Galiza produce ao ano 3,1 millóns de toneladas de leite, o que supón 41,5% de todo o Estado. Ao tempo, ten os segundos prezos máis baixos, 48,1 céntimos por litro, só por detrás de Balears. Estes son algúns dos datos da radiografía do sector leiteiro…

O Celta xa sabe que ten ao seu alcance a fichaxe de Fer López en xaneiro

Published: December 9, 2025 07:11

O Celta está a mirar para o mercado de fichaxes de xaneiro coas mans atadas. Ten as 25 fichas do primeiro equipo ocupadas e sen saídas non haberá novas incorporacións. Iso si, en Vigo están a traballar por se aparece unha opción de fichar outro xogador até…

Carolina Casal e Carme Varela: "Os Castro eran 'a nobreza da nobreza', non só na Galiza, senón tamén en Portugal"

Published: December 9, 2025 07:11

O sábado 13 de decembro distribuirase como agasallo con Nós Diario unha biografía das raíñas galegas do século XIV Xoana e Inés de Castro elaborada polas investigadoras Carolina Casal e Carme Varela. Nesta entrevista, as autoras explican o proxecto…

As plantacións de eucalipto poñen en risco centos de xacementos arqueolóxicos

Published: December 9, 2025 07:10

As asociacións en defensa do patrimonio e institucións como o Consello da Cultura Galega levan anos advertindo dos danos causados nos xacementos arqueolóxicos polas plantacións de eucalipto. A continuada expansión desta especie xera un maior risco sobre o…

Asunta Rodríguez: "Todas as pezas contan historias do día a día dunha pequena galería afastada dos centros de poder"

Published: December 8, 2025 20:42

Asunta Rodríguez (Amandi, Sober, 1965) revisita a historia da Galería Trinta de Compostela a través dunha exposición tan íntima como poderosa: 40 anos de Trinta. Pezas que nunca debín ter vendido. A exposición, que supón un "axuste de contas" emocional…

Recortes en Educación: Anpas da Costa da Morte denuncian a falta de PT e AL e a sobrecarga do profesorado

Published: December 8, 2025 18:49

As comunidades educativas da Costa da Morte saíron á rúa esta segunda feira para denunciar a situación “insostíbel” creada pola política de recortes da Consellaría de Educación, que está a deixar centos de alumnos sen o profesorado de Pedagoxía Terapéutica…

A deterioración do Louvre estala en folga: o persoal denuncia unha situación "insostíbel"

Published: December 8, 2025 16:49

O persoal do Museo do Louvre anunciou unha folga a partir do 15 de decembro para denunciar a grave deterioración das instalacións e a falta de recursos, nun momento marcado polos recentes incidentes estruturais e polo escandaloso roubo das xoias da coroa…

Paramount entra na loita aberta por Warner Bros e desafía a compra histórica pactada por Netflix

Published: December 8, 2025 15:18

A batalla polo control de Warner Bros intensifícase tras a irrupción de Paramount cunha opa hostil superior á pactada por Netflix. A ofensiva, respaldada polos Ellison e por un xigantesco paquete financeiro, abre un pulso corporativo sen precedentes que…

Dispoñíbel en Ivoox e Spotify o primeiro capítulo do podcast 'As grandes raíñas galegas na historia', producido por 'Nós Diario'

Published: December 8, 2025 13:33

'Xoana e Inés de Castro: as Rosas de prata devoradas polo poder', con textos de Carolina Casal e Carme Varela e locución de Susana Rois, xa se pode escoitar desde esta segunda feira 8 de decembro.

O Goberno español cesará Antonio Hernández, quen fora man dereita de Salazar en Moncloa

Published: December 8, 2025 07:22

A decisión chega despois de que mulleres que traballaban para Salazar denunciaran comportamentos inadecuados deste nas canles internas de denuncia de Ferraz. Hernández foi mencionado polas denunciantes como presunto "cómplice" e "encubridor", aínda que…

A Xunta activa para esta segunda feira a alerta laranxa por temporal costeiro e recomenda afastarse da liña de costa

Published: December 7, 2025 17:11

Incide na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Benín dá por derrotado un intento de golpe de estado por parte "dun feixe de militares"

Published: December 7, 2025 15:35

Así o indicou Alassane Seidoy, ministro do Interior de Benín, que o expuxo a través dun comunicado lido a través da mesma cadea, a ORTB, que chegou a estar varias horas sen emitir tras a asonada, que "un grupúsculo de soldados protagonizou co obxectivo de…

Unha maratón entre Melide a Santiago portou alancada a alancada o rexeitamento a Altri e á reapertura da mina de Touro

Published: December 7, 2025 12:43

Unha decena de corredores de montaña federados, acompañados pola veciñanza en diferentes tramos, completaron os 55 km entre a vila melidá e a capital galega, levando unha mensaxe clara: a oposición a ambos os dous proxectos. Ao tempo, chamaron a toda a…

~ 125 additional posts are not shown ~