RSS Parrot

BETA

🦜 Praza Pública - Últimas novas

@praza.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Praza Pública - Últimas novas

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: praza.gal/

Feed URL: praza.gal/rss/novas

Posts: 28

Followers: 7

A folga nas ITV será indefinida a partir do 16 de setembro e xa non hai citas na gran maioría das estacións ata o día 23

Published: September 7, 2024 07:01

O persoal concentrouse este venres ante a sede da Xunta, á que reclama implicación no conflito coa empresa, SYC, do grupo Applus+, adxudicataria pública en réxime de monopolio desde hai catro décadas

A Xunta perdoou 23 millóns en impostos aos máis ricos mentres o seu patrimonio aumentaba en case 2.000

Published: September 7, 2024 07:00

Os datos do imposto de patrimonio correspondentes a 2022 reflicte que as rendas máis altas de Galicia terían que pagar máis de 92 millóns pero, grazas ao 25% de desconto aprobado polo Goberno de Feijóo, a cifra quedou en menos de 70. Os máis ricos entre os…

ParanoIA

Published: September 6, 2024 17:00

A Intelixencia Artificial está presente cada día nos medios de comunicación. Moitas veces de forma equivocada, esaxerada ou mesmo distópica. Isto é moi negativo, xa que provoca desinformación, deformación da realidade e, o que é peor, unha alarma…

Dez anos sen demoler un "grave atentado á paisaxe" en Marín: un xulgado condena a "inescusable" demora da Xunta

Published: September 6, 2024 09:48

"É un lapso de tempo excesivo, máis que suficiente para, cunha mínima dilixencia, podelo derrubar", di o xuíz sobre a lentitude do Goberno galego en actuar contra un edificio a medio construír na praia de Lapamán

Menos emprego do prometido, máis eucalipto e riscos: duro informe do Consello da Cultura sobre Altri

Published: September 5, 2024 10:01

Unha decena de persoas expertas elaboran para o CCG un documento tan amplo coma crítico sobre a fábrica de celulosa que Altri promove da man da Xunta e Greenalia. O documento estima xeraría uns 550 empregos totais na economía galega, 281 deles directos,…

Desmantelada unha organización de explotación sexual de mulleres nun piso do centro da Coruña

Published: September 5, 2024 07:43

Tres mulleres "en situación de vulnerabilidade" eran forzadas a prostituírense "as vinte e catro horas do día e os sete días da semana". A Policía mantén aberta a operación, na que a considerada "responsable" do piso e catro "encargadas" foron detidas

Quen é esta moza? Búscase a protagonista dunha das imaxes tiradas por Antón Beiras na malla de Muras

Published: September 5, 2024 07:03

Legado Activo Beiras Cal  fai un chamamento a quen poida achegar algunha información sobre a única persoa que aínda non puido ser identificada na serie fotográfica coa que o oftalmólogo retratou os traballos da malla na aldea de Aguias (Muras) en 1957 e…

O Chanfainalab volve reunir en San Sadurniño 40 cineastas do país en tres días de creación e "experiencias compartidas"

Published: September 4, 2024 12:14

A novena edición do encontro audiovisual terá lugar entre o venres 6 e o domingo 8, un tempo no que os e as realizadoras deberán idear e gravar unha curtametraxe na localidade. Haberá, ademais, obradoiros, proxeccións e outras actividades paralelas e en…

O PSdeG prevé celebrar Congreso Nacional no inicio de 2025 co reto de artellar o seu proxecto galego

Published: September 4, 2024 08:59

Os socialistas procuran encarreirarse de vez pola vía ordinaria tras década e media de interinidades e présas electorais nun congreso marcado polo conclave federal do vindeiro outono e no que Besteiro procurará asentar un liderado cara ao medio prazo

"En castellano si quieres que te responda": a Seguridade Social enfróntase a unha posible multa por non permitir o uso do galego

Published: September 3, 2024 08:49

Dous avogados lucenses presentaron unha reclamación ao abeiro da Lei Integral de Igualdade de Tratamento e non Discriminación contra a Delegación provincial do INSS pola negativa a atendelos en lingua galega. A sanción por "condutas discriminatorias…

En defensa da protección da antiga central das Pontes: "O noso futuro non pode construírse derrubando o noso pasado"

Published: September 3, 2024 06:03

Vén de nacer a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, encabezada por Miño Guerreiro, que reclama paralizar a prevista demolición das instalacións, espazo de "expresión da loita obreira galega". En xuño esgotouse o prazo de dous anos…

Queimar o lixo sae caro: claves do novo tarifazo de Sogama

Published: September 3, 2024 06:02

As dúas subas do canon de Sogama disparan o 'recibo' do lixo da Xunta aos concellos un 60%. Na liña do marcado pola UE para fomentar a reciclaxe, a normativa estatal grava dende 2023 con novos impostos a incineración do lixo, clave do modelo de Sogama, que…

O pontevedrés Juan Antonio Saavedra, bronce en tiro, suma a súa terceira medalla na historia dos Xogos Paralímpicos

Published: September 2, 2024 08:14

Trátase da terceira medalla que consegue, despois dos metais acadados en Londres 2012 (prata) e Toquio 2020 (bronce). É o primeiro metal da delegación galega en París, que busca repetir o éxito de Toquio 2020, onde sumou dous ouros, unha prata e un bronce.

Ollo coa operación retorno... ao traballo: a Fiscalía sinala máis accidentes 'in itinere' das mulleres polas présas da conciliación

Published: September 2, 2024 06:00

"É un problema de xénero", advertiu hai unhas semanas o fiscal coordinador de seguridade laboral, que se pregunta "quen ten máis cousas na cabeza, quen está máis pendente de a quen hai que levar"