RSS Parrot

BETA

🦜 Nós Diario - Xornal de intereses galegos

@www.nosdiario.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: www.nosdiario.gal

Feed URL: www.nosdiario.gal/rss

Posts: 277

Followers: 85

A acampada do Sindicato de Inquilinas continúa en Madrid mentres o Goberno español apura as negociacións do novo decreto de vivenda

Published: September 28, 2026 07:49

O Executivo español apura as negociacións cos seus socios de goberno para fechar o novo decreto de vivenda que prevé aprobar esta terza feira, mentres o Sindicato de Inquilinas mantén a presión nas rúas de Madrid coa acampada na Porta do Sol. A…

A Alianza pola Vivenda de Vigo exixe medidas contra os desafiuzamentos e a suba dos alugueiros

Published: September 28, 2026 06:50

A Alianza pola Vivenda de Vigo chama a concentrarse esta segunda feira na Porta do Sol para reclamar solucións ante os desafiuzamentos e a suba dos alugueiros. O colectivo pon como exemplo o caso de Maricarmen, a veciña de 87 anos en risco de…

Comeza a cuarta semana do curso escolar e continúan as incidencias no ensino

Published: September 28, 2026 06:03

Esta segunda feira comeza a cuarta semana do curso escolar, xornada na que continúan as protestas e queixas da comunidade educativa galega en moitos centros do país. As problemáticas no ensino centrarán esta terza feira a Comisión de Educación e Cultura.

A Coruña sae á rúa contra o desafiuzamento de Maricarmen reivindicando que a "vivenda é un dereito básico"

Published: September 27, 2026 18:46

Centos de persoas mobilizáronse este domingo na Praza do Obelisco da Coruña para reclamar o dereito á vivenda e amosar o seu rexeitamento ao desaloxo de Maricarmen, unha veciña de 87 anos do distrito madrileño do Retiro.

Vigo lembra Humberto Baena e Sánchez Bravo cando se fan 51 anos do seu asasinato polo franquismo

Published: September 27, 2026 15:38

Unhas 200 persoas lembraron este domingo no cemiterio de Pereiró de Vigo os galegos Xosé Humberto Baena e José Luís Sánchez-Bravo, cando se fan 51 anos do seu asasinato en mans do réxime franquista.

Malestar nas filas do PSdeG polo pacto co PP: "Non recoñezo o meu partido asinando un pacto baleiro e inoportuno sobre o galego"

Published: September 27, 2026 12:06

Desde que o PSdeG e o PP fixeron público o acordo que mantén as limitacións ao galego no ensino son varias as voces que publicamente ou privadamente amosan o seu malestar sobre o pacto, ao romper a posición formal dos socialistas galegos sobre o idioma.

O BNG propón un modelo turístico "sostíbel e diversificado" que aproveite as potencialidades da Galiza para xerar riqueza

Published: September 27, 2026 09:37

Saleta Chao critica a política de 'low cost' da Xuntada Galiza, centrada en atraer máis visitantes, mais "sen avaliar o impacto nos servizos, na vivenda ou no medio".

"Neste cole faltan mans": a comunidade educativa do CEIP Mestre Pastor Barral sae ás rúas de Melide para reclamar a cobertura da praza de Francés

Published: September 27, 2026 08:10

Un cento de persoas manifestouse esta sábado en Melide para denunciar o recorte de persoal no CEIP Mestre Pastor Barral e reivindicar que "a educación é un dereito, non un privilexio".

A prohibición das redes sociais a menores de 16 anos está cada vez máis perto: avanza a tramitación da Lei no Congreso

Published: September 27, 2026 07:52

O Proxecto de Lei Orgánica para a protección das persoas menores de idade nas contornas dixitais será debatido esta terza feira no Congreso. Entre as emendas rexistradas, O Goberno estatal acordou prohibir o acceso a redes sociais que inclúan "contidos…

O sistema de intelixencia artificial de OpenAI accedeu sen autorización e pola súa conta a portais oficiais do Goberno dos Estados Unidos

Published: September 26, 2026 12:19

Entre as interferencias identificadas figura o acceso ao Departamento de Educación, a Comisión da Bolsa e o Departamento de Comercio dos Estados Unidos, desde onde os axentes da IA obtiveron datos do Censo.

As consignas islamófobas e as críticas ao Goberno estatal centran a manifestación convocada pola rede ultradereitista Sociedade Civil en Madrid

Published: September 26, 2026 11:57

A manifestación, encabezada por Miguel Tellado, secretario xeral do PP español, e Santiago Abascal, líder de Vox, que estaba chamada a "defender Ceuta" e pedir eleccións estatais, acabou con berros islamófobos como "España, cristiá e non musulmá".

O BNG reivindica a capacidade de Galiza para decidir sobre os seus recursos e pór a riqueza que xeran "ao servizo do país"

Published: September 26, 2026 11:17

A responsábel nacional da Área de Organización do BNG, Lucía López, denuncia que Galiza é hoxe “terra de sacrificio”  por “culpa do modelo de espolio que promove o PP e que leva fóra os beneficios”.

O PSOE pide a dimisión de Ana Vázquez, a deputada bandesa do PP que meteu un bote de gas pementa no Congreso

Published: September 26, 2026 11:10

A deputada bandesa do Partido Popular Ana Vázquez foi a gran protagonista da sesión de control ao Goberno español decorrida esta cuarta feira no Congreso, da que tivo que ser expulsada pola presidenta da Cámara, Francina Armengol, ao acceder ao hemiciclo…

Flor Baena pide ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial a Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura franquista

Published: September 26, 2026 10:10

A irmá de Xosé Humberto Baena Alonso, Flor Baena, denunciou que despois de ter solicitado hai dúas semanas unha reunión con Abel Caballero, continúa sen unha resposta do alcalde de Vigo.

Ulloa Viva celebra que Altri quede fóra da planificación eléctrica até 2030 e exixe á Xunta a "denegación" do proxecto

Published: September 26, 2026 09:57

A planificación da electricidade do Goberno español até 2030 recibiu desde a Galiza alegacións da Xunta, de Altri e tamén da Plataforma Ulloa Viva, que destacou que o Miteco "manteña tal e como pediu a Plataforma nas súas alegacións, a exclusión do…

O pacto asinado entre o PP e o PSdeG que mantén a limitación ao galego no ensino recibe o apoio de Hablamos Español

Published: September 26, 2026 09:15

A asociación ultraespañolista Hablamos Español, presidida por Gloria Lago, coñecida no país por ser a cabeza visíbel de Galicia Bilingüe, destacou que o acordo alcanzado entre o PP e o PSdeG permite “pór fin á prohibición de impartir en español…

Estabilizado o incendio de Calvos de Randín após arrasar 460 hectáreas e converterse no segundo fogo máis devastador do ano

Published: September 26, 2026 08:35

O incendio forestal declarado esta quinta feira en Calvos de Randín (comarca da Limia) quedou estabilizado este sábado despois de queimar 460 hectáreas. A situación de alerta decretada pola proximidade das lapas ao núcleo de As Meaus, en Baltar, quedou…

A historia non contada dos campos de concentración franquistas na Galiza, ao descuberto: chega o novo coleccionábel de 'Nós Diario'

Published: September 26, 2026 07:55

A partir do 1 de outubro, e durante todo o mes, Nós Diario obsequiará os seus lectores e lectoras cos 18 fascículos que conforman o coleccionábel 'A memoria encerrada', coordinado polo investigador e xornalista Xosé Ramón Ermida e que busca verter luz…

George Hatoum, triatleta palestino: "É incríbel o apoio do pobo galego a Palestina, nunca o vira a este nivel noutro lugar"

Published: September 26, 2026 07:55

George Hatoum, que compite en grupos de idade de tríatlon, nunha proba de tres segmentos consecutivos: 1,5 quilómetros de natación en augas abertas, 40 quilómetros en bicicleta e, finalmente, 10 quilómetros de carreira a pé, é o único deportista palestino…

Blanca Millán, ilustradora: "A literatura infantil é máis creativa e colorida que a de adultos, vai máis aló da realidade"

Published: September 26, 2026 07:55

Blanca Millán (Touro, 1991) debuxa desde que ten memoria. Graduada en Belas Artes e cun mestrado en Libro Ilustrado leva desde 2017 máis de 70 títulos en galego, castelán e inglés. O último é Ferramentas básicas para ser artista (Kalandraka). En 2025 gañou…

Federico Martinón-Torres: "Vacinarse da gripe reduce o risco de infarto de miocardio polo menos nun 25-30%"

Published: September 26, 2026 07:54

A vindeira segunda feria, 28 de setembro,  comeza na Galiza unha nova campaña de vacinación fronte á gripe e a Covid. Tamén entre a poboación lactante dá inicio a inmunización contra o virus respirtaorio sincitial, unha das últimas achegas ao calendario…

Diego Epifanio, adestrador do Obradoiro CAB: "Se o club mantén o apoio da cidade competirá na ACB moitos anos"

Published: September 26, 2026 07:54

Dúas longas tempadas na Primeira FEB foi o tempo que precisou o Monbus Obradoiro CAB para regresar á ACB, a mellor liga doméstica do baloncesto europeo. Agora inicia unha nova andaina na primeira división da man de Diego Epifanio, o heroe do ascenso, que…

A futuríbel celulosa de Altri volve quedar fóra da planificación eléctrica até 2030

Published: September 25, 2026 20:01

Dez novas subestacións eléctricas, 208 quilómetros de liñas e 44 novos puntos de conexión conforman a nova proposta do Ministerio á Xunta da Galiza dentro da planificación eléctrica con horizonte 2030, atendendo así parte das alegacións do Goberno galego…

Rueda garante que o pacto PP-PSdeG non implique máis de 50% de galego no ensino

Published: September 25, 2026 19:57

O acordo alcanzado entre o PP e o PSdeG para facer certas modificacións na proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (Pxnlg) presentada pola Xunta da Galiza o pasado mes de xullo seguía estasexta feira a marcar o debate…

O PAM, aberto a toda opción para gobernar en Marrocos mentres o rei Mohamed VI decide entre Fátima Zahra el Mansuri e Fouzi Lekjaa

Published: September 25, 2026 19:56

A pesar de ser Fátima Zahra el Mansuri a secretaria xeral do PAM, as miradas tamén están postas no ministro de Orzamentos e presidente da Federación de Fútbol de Marrocos, Fouzi Lekjaa, o outro favorito para ser xefe de Goberno.

Anticorrupção de Portugal alerta, "con base en situacións que ocorreron no pasado", dos riscos do gasto militar da Unión Europea

Published: September 25, 2026 19:56

Órganos de catro Estados apoian a fiscalización do Instrumento de Acción para a Seguridade de Europa (SAFE), que concederá até 150.000 millóns de euros en préstamos aos Estados da UE para destinalos a gasto militar.

Máis pompa que concreción nunha partida que gañou Xi: por que a cimeira entre os Estados Unidos e a China foi un fracaso de Trump?

Published: September 25, 2026 17:30

Xi Jinping empregou os Estados Unidos como unha plataforma para estender a súa mensaxe, a visión do mundo que quere trasladar a un público que non adoita escoitalo. Donald Trump recibiuno con pompa, agardando fechar grandes acordos antes dos comicios de…

A investigación do incendio de Calvos de Randín continuará durante toda a fin de semana

Published: September 25, 2026 17:05

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFor) da Xunta despregou drones para investigar as causas do incendio de Calvos de Randín, que afecta unhas 460 hectáreas. Os traballos, nos que tamén se realizarán labores de vixilancia, prolongaranse…

Frente Amplio, a nova marca electoral de Sumar, IU, Más Madrid e Comuns para 2027

Published: September 25, 2026 16:30

Movimiento Sumar, IU, Más Madrid e Comuns apostan pola denominación Frente Amplio para presentarse conxuntamente ás eleccións estatais de 2027. O nome aínda non foi anunciado oficialmente, mais conta cun amplo consenso interno e xa se realizaron probas de…

Dúas familias do 'Pitanxo' alcanzan un acordo coa aseguradora para cobrar indemnizacións

Published: September 25, 2026 15:18

Son as primeiras familias das vítimas do naufraxio do 'Vila de Pitanxo' que aceptan unha compensación económica máis de catro anos despois da traxedia. A aseguradora British Marine busca fechar acordos antes do xuízo, previsto para dentro de polo menos ano…

Desactívase a situación 2 de alerta no incendio de Calvos de Randín, que queima xa máis de 450 hectáreas

Published: September 25, 2026 13:15

O incendio forestal declarado esta quinta feira en Calvos de Randín (comarca da Limia) continúa activo e xa afecta unhas 460 hectáreas. A situación de alerta decretada pola proximidade das lapas ao núcleo de As Meaus, en Baltar, quedou desactivada esta…

As familias da escola infantil Vila Laura de Vigo reclaman unha mestra de apoio nun inicio de curso "marcado pola falta de persoal"

Published: September 25, 2026 12:49

A ANPA lembrou que Vila Laura é un centro integramente de Educación Infantil, con alumnado de entre 3 e 6 anos, polo que considerou “especialmente importante dispor dunha dotación de persoal suficiente para garantir o funcionamento ordinario do centro e…

Susana Rodríguez conquista en Pontevedra o seu oitavo título mundial de paratríatlon

Published: September 25, 2026 11:20

A viguesa Susana Rodríguez, xunto coa súa guía Sara Pérez, volveu proclamarse campioa do mundo de paratríatlon na categoría PTVI, desta volta ante o público galego en Pontevedra. A vitoria supón o seu oitavo título mundial e o terceiro consecutivo.

Silleda localiza unha posíbel necrópole medieval inédita baixo a praza da Igrexa

Published: September 25, 2026 10:41

Os traballos arqueolóxicos de urxencia ligados á reforma da praza da Igrexa de Silleda sacaron á luz varias estruturas funerarias que poderían corresponder cunha necrópole medieval. O xacemento, até agora descoñecido, está a ser delimitado e documentado e…

Un fondo voitre quere desafiuzar 135 veciños en Euskadi e a presión social logra que o Goberno vasco declare a zona tensionada para impedilo

Published: September 25, 2026 10:22

As familias dos bloques de Los Ochos, en Erandio, organizáronse contra os plans de Mosaic Propco de non renovar os seus contratos e sacar as vivendas ao mercado. Após semanas de protestas e unha multitudinaria manifestación, o Goberno vasco decidiu dar…

O BNG pide unha investigación sobre o comportamento dos soldados españois en Ceuta e chama a depurar responsabilidades

Published: September 25, 2026 10:03

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou que son “numerosas” as informacións que están aparecendo a respecto das “malleiras” e “vexacións” cometidas a persoas migrantes por militares que patrullan na cidade autónoma.

Mercadona afronta unha nova sanción: 55.000 por discriminación sindical

Published: September 25, 2026 09:43

A autoridade laboral conclúe que a empresa incorreu nunha "conduta discriminatoria" contra unha delegada da CIG en Vigo ao vincular a súa actividade sindical cunha valoración negativa que lle impediu cobrar unha prima de até tres mensualidades. A central…

O momento no que a Asemblea da ONU se baleirou cando ía falar Netanyahu

Published: September 25, 2026 09:26

Boa parte das delegacións abandonaron o salón da Asemblea Xeral das Nacións Unidas cando o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, se dispuña a intervir. O mandatario respondeu cualificando de "covardes" os representantes que marcharon e dedicou o…

Caixa Rural Galega únese ao Día Solidario do Grupo para apoiar a quen máis o precisan

Published: September 25, 2026 09:18

Todas as entidades que conforman o Grupo Caixa Rural volven unir esforzos no Día Solidario, unha xornada que mobiliza a organización ao redor dun propósito común: axudar a quen máis o necesitan e contribuír ao benestar das comunidades nas que desenvolve a…

A primeira promoción de Galego-Portugués da USC celebra medio século da súa creación

Published: September 25, 2026 09:00

As persoas que en setembro de 1976 estrearon a subsección de Galego-Portugués no cuarto curso de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela reuníronse neste mes de setembro na Coruña para conmemorar os 50 anos daquela experiencia e lembrar o seu…

António Zambujo: "Asústame ver que as persoas viven de xeito cada vez máis impersoal, máis acelerado e con menos profundidade"

Published: September 25, 2026 06:51

Este sábado, Santiago de Compostela acollerá o concerto de António Zambujo, unha das voces máis singulares e recoñecidas da música portuguesa actual. O día 2 de outubro, repetirá no Teatro Colón da Coruña. Nas vésperas destes concertos, o artista…

Ana Otero: "O Folión das Fachas celébrase coa chegada do outono e agradece ás deidades as colleitas"

Published: September 25, 2026 06:00

A parroquia de Vilelos (O Saviñao, Terra de Lemos) celebra esta sexta feira unha nova edición do Folión de Fachas, unha festa declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2018. A Asociación Veciñal San Martiño de Vilelos organiza cada ano o evento, que…

Ampliar presenza no mercado e mellorar a produción, os obxectivos do aceite galego

Published: September 25, 2026 05:59

Santiago acolleu esta quinta feira a presentación do Grupo Operativo Supraolivo. O proxecto, que se desenvolverá entre 2026 e 2029, parte do anterior, denominado Oligalicia, e reúne produtores, cooperativas, empresas e centros de investigación co obxectivo…

Compostela marcha contra o desaloxo de Maricarmen e reclama "casas para vivir e non para investir"

Published: September 24, 2026 20:14

Centos de persoas percorreron esta quinta feira o centro de Compostela para reclamar o dereito á vivenda e amosar o seu rexeitamento ao desaloxo de Maricarmen, unha veciña de 87 anos do distrito madrileño do Retiro. A protesta, convocada polo Sindicato de…

O incendio de Calvos de Randín afecta xa 250 hectáreas e ameaza varias aldeas

Published: September 24, 2026 18:11

A Xunta declarou a Situación 2 no incendio forestal de Calvos de Randín pola proximidade das lapas ao núcleo de As Meaus, no concello limítrofe de Baltar. O lume, que permanece sen controlar, afecta xa unhas 250 hectáreas e ameaza varias aldeas dunha zona…

Mentres se suceden as mobilizacións na Galiza, Maricarmen continúa ingresada tras o desaloxo da súa casa

Published: September 24, 2026 17:23

Maricarmen, de 87 anos, continúa ingresada nun hospital de Madrid un día despois de ser desaloxada da vivenda na que residía desde 1956. Tras ser sacada do inmóbel en padiola polo Samur, permanece pendente de varias probas médicas. Mentres tanto, o seu…

"Impulsar o desenvolvemento e o progreso da humanidade": Xi Jinping busca que o mundo xire cara á cooperación na súa visita aos EUA

Published: September 24, 2026 16:20

As relacións entre unha potencia dominante en declive e un país emerxente que ten posibilidades de ser hexemónico son sempre complicadas, sendo o risco de conflito moi grande. Mais Xi avoga por evitalo, sinalando que a China e os Estados Unidos poden…

A RAG ve unha "maior flexibilidade" co galego no pacto do PP e o PSdeG pero pide unha "reflexión máis profunda"

Published: September 24, 2026 16:15

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, ve "maior flexibilidade" no acordo entre PP e PSdeG no Parlamento galego en materia lingüística, mais considera que o debate sobre o galego no ensino debe ir máis alá e explorar unha revisión…

~ 177 additional posts are not shown ~