RSS Parrot

BETA

🦜 Nós Diario - Xornal de intereses galegos

@www.nosdiario.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: www.nosdiario.gal

Feed URL: www.nosdiario.gal/rss

Posts: 196

Followers: 83

A UE recoñece a vitoria de Hichilema en Zambia malia as "graves irregularidades": un ex ministro da oposición morreu tiroteado

Published: August 20, 2026 18:34

A Misión de Observación Electoral da Unión Europea (MOUE) lembrou as conclusións preliminares sobre estas eleccións, nas que se lamentou que houbo "incidentes graves e irregularidades que afectaron á transparencia e a credibilidade do proceso".

20 barcos da frota do Mar Negro ou as famosas motos da Wehrmacht: a seca histórica no Danubio deixa á vista elementos do Exército nazi

Published: August 20, 2026 18:32

Os baixos niveis de auga no segundo río máis longo de Europa deixaron ao descuberto polo menos 20 buques de guerra alemáns na fronteira entre Serbia e Romanía, así como históricos outros elementos da Alemaña Nazi.

Bruxelas oponse ao acollemento de 500 nenas que continúan en Ceuta: por que están nunha situación de "absoluta vulnerabilidade"?

Published: August 20, 2026 16:45

A Comisión Europea, nun discurso ao que se suma o Partido Popular, obvia o risco de que as mozas padezan violencia sexual ou sexan vítimas de trata.

Detectado un caso de lingua azul do serotipo 3 nunha explotación bovina de Chantada

Published: August 20, 2026 15:08

Este foco de lingua azul é o cuarto notificado na Galiza, sumándose aos tres identificados en xullo. A lingua azul foi detectada por vixilancia pasiva do titular da explotación, quen comunicou aos servizos veterinarios a sospeita da enfermidade,…

"É asombroso o predicíbel que pode ser o declive": Trump esconde a súa mala xestión coa "máis devastadora guerra económica" contra Irán

Published: August 20, 2026 13:47

A débeda pública dos Estados Unidos alcanzou por primeira vez os 40 billóns de dólares. Tan só este ano, nun exercicio marcado polo gasto derivado da guerra contra Irán, o pasivo dos EUA aumentou en 1,5 billóns. Neste contexto, Trump contesta ao seu…

O BNG acusa o PP de "contradición" na política forestal do eucalipto: "O que vale para Andalucía tamén ten que valer para Galiza"

Published: August 20, 2026 11:47

O BNG acusa o PP galego de manter unha política forestal contraditoria coa que está a defender o seu propio partido en Andalucía e reclama a redución progresiva do eucalipto na Galiza. Montse Valcárcel lembra que os nacionalistas levan anos advertindo do…

Trump abandona a "vía diplomática" e ameaza Irán cunha "guerra económica" sen precedentes

Published: August 20, 2026 09:59

Ante o bloqueo das negociacións para pór fin á guerra, o presidente estadounidense vira cara á presión económica e anuncia unha ofensiva destinada a asfixiar Tehran, mentres ameaza con castigos aos países que manteñan o seus vínculos co Irán.

Muros fai fronte á seca cun sistema de bombeo de emerxencia: "Estamos enviando auga 300 metros en contra da gravidade"

Published: August 20, 2026 09:04

A rápida posta en marcha dun sistema de bombeo de emerxencia permite garantir o abastecemento de auga en Muros e Carnota, malia que o río Arcos, principal fonte de subministración, continúa baixo mínimos. A instalación, que permite captar auga do encoro de…

Sara Pampín presenta Chiskeiro: "Hawaiana e Vaper sabor melón xurdiron dos ensaios, estamos contentas co proceso creativo"

Published: August 20, 2026 06:09

Sara Pampín (Arzúa, 2006) é a voz de Chiskeiro, grupo de punk rock compostelán formado por estudantes universitarios que, tras as súas primeiras gravacións, fará o seu primeiro concerto fóra da Galiza cunha proposta que mestura o Riot Grrrl con influencias…

Alberte Momán, escritor: "O que me conduce a escribir é, basicamente, a obsesión"

Published: August 20, 2026 06:07

Nunha actividade como a literaria, situarse nas marxes ten as súas consecuencias. O escritor Alberte Momán (Ferrol, 1976) sábeo ben após unha traxectoria prolífica e intensa que o uniu á narrativa e á poesía durante moitos anos. Non seguiu modas nin…

A industria galega paga pola luz máis que a da UE malia diminuír a fenda eléctrica

Published: August 20, 2026 06:06

O prezo da electricidade é un factor esencial dos custos de produción de calquera actividade industrial. Este é aínda máis determinante naquelas compañías que teñen a consideración de electrointensivas por consumir grandes cantidades de enerxía eléctrica,…

A Xunta inxecta 254 millóns á sanidade privada mentres recorta persoal na pública

Published: August 20, 2026 06:05

Veciñanza de Ponte Sampaio, Pontevedra, mobilizouse esta cuarta feira contra os recortes sanitarios no consultorio, ao igual que fixo a dos Ancares esta terza feira e a pasada semana a de Salvaterra, nun contexto marcado polo reducido investimento da Xunta…

Certame literario "Un verán con Begoña Caamaño": As palabras tamén poden cambiar o mundo

Published: August 19, 2026 19:54

Trixésimo sétimo dos relatos premiados no certame literario "Un verán con Begoña Caamaño", que se publicarán no caderno de verán 'Máis' durante os meses de xullo e de agosto. A autora é Maré Candales González, estudante de 2º da ESO do IES Arcebipo…

Eirexalba lembrará a familia da “Casa do Inverno, vítimas da represión franquista

Published: August 19, 2026 18:49

A historia da familia da “Casa do Inverno” está marcada pola represión fascista. Entre 1936 e 1939, as forzas franquistas asinaron a catro dos seus membros: Jesús Casas González, Ramón Rodríguez Maceda, Carmen Maceda Macía e Anuncia Rodríguez Maceda.

O ex ministro de Defensa ucraíno pide eleccións a un Zelenski cercado pola corrupción: Fedorov alerta dunha "crise sistémica de gobernanza"

Published: August 19, 2026 17:38

Tan só un mes despois da súa destitución, o ex ministro Mykhailo Fedorov estase a converter no principal rival dun Volodímir Zelenski que se aferra á Presidencia de Ucraína. O ex líder de Defensa demanda eleccións xusto cando xorden novos caso de…

Un "mal bocadillo", a exigua dieta dos bombeiros forestais fóra da base

Published: August 19, 2026 17:27

Bombeiros forestais da Xunta da Galiza levan anos denunciando a calidade "deficiente" do avituallamento "de obrigado cumprimento" por parte da Administración en caso de incendio e prolongación das horas ordinarias de traballo. Cada distrito coordina o seu…

O Tribunal Penal Internacional cualifica de "ataque flagrante" as sancións impostas polos Estados Unidos contra a súa presidenta

Published: August 19, 2026 16:45

O TPI recalcou que as medidas coercitivas afectan a capacidade das vítimas "para buscar xustiza", incidindo en que estas recorren ao tribunal cando "todas as demais vías se esgotaron". En todo caso, a institución subliñou que "non se deixará intimidar".

Israel recoñece máis de dous anos despois que asasinou Hind Rajab, a nena de seis anos cuxa morte conmocionou o público nos cinemas

Published: August 19, 2026 16:44

A historia foi levada ao cinema pola aclamada película A voz de Hind Rajab, obtendo numerosos premios, entre eles galardóns recoñecidos como o León de Prata en Venecia ou o Premio do Público en Donostia.

Xuntos con Cuba advirte o alcalde de Láncara de que non aceptará a retirada do busto de José Martí

Published: August 19, 2026 14:08

A Asociación Sociocultural Galego Cubana Xuntos con Cuba reclama ao alcalde de Láncara, Darío Piñeiro (PSdeG), que interveña para evitar a retirada do busto dedicado a José Martí e reivindica o seu valor como símbolo da memoria e dos vínculos históricos…

Santiago reivindica a memoria de Ánxel Casal e Díaz Baliño 90 anos despois do seu asasinato a mans dos franquistas

Published: August 19, 2026 13:10

O Concello de Santiago homenaxeou esta cuarta feira a Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño, asasinados en 1936 polas forzas fascistas, nun acto institucional que reivindicou a súa achega á cultura galega e á defensa dun país máis xusto e libre. A alcaldesa,…

Tres incendios manteñen Galiza pendente do lume: así evolucionan os focos de Ponteareas, Soutomaior e A Gudiña

Published: August 19, 2026 09:20

A vaga de incendios continúa a deixar focos activos en distintos puntos do país. O lume de Ponteareas mantense activo tras calcinar xa arredor de 40 hectáreas, mentres que en Soutomaior foi estabilizado un incendio de 1,5 hectáreas. Na Gudiña, outro fogo…

A seca asfixia o Gafos: medio milleiro de peixes evacuados pola falta de osíxeno no río

Published: August 19, 2026 07:38

A falta de chuvia e o baixo caudal dos ríos están a levar ao límite a fauna piscícola do Gafos. Medio milleiro de peixes, entre escalos, troitas e algunhas anguías, foron rescatados no tramo medio-alto do río, en Bértola (Vilaboa), e trasladados até a zona…

Prezos en mínimos e 300 explotacións menos: a crise do leite agrávase no país

Published: August 19, 2026 06:20

Galiza continúa a ser unha gran potencia láctea. Os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) sinalan que se produciron no mes de xuño, último con datos, 264.868 toneladas, o que representa 42,1% do total estatal.…

Galiza financia o Estado: 18.087 millóns recadados do país fronte a 10.848 investidos

Published: August 19, 2026 06:16

O debate sobre o sistema de financiamento non é unha cuestión de técnica contábel. O mesmo emparenta cunha determinada concepción do modelo do Estado e desvela as relacións de subordinación entre os diversos territorios que o conforman. A liquidación de…

Brais Lamela, escritor: "No libro Interesábame dialogar e cuestionar os mitos que aparecen sobre a colonización"

Published: August 19, 2026 06:16

Brais Lamela (Vilalba, 1994) publica A lingua estranxeira (Galaxia), unha novela que cuestiona os relatos da colonización transatlántica a través de catro liñas narrativas. O autor afonda a través desta obra na identidade, a memoria e a linguaxe para…

"Un lamentábel erro": ONU e ONG cargan contra a Comisión Europea polo seu aval a expulsar de Ceuta os menores non acompañados

Published: August 18, 2026 20:02

A Convención sobre os Dereitos do Neno da ONU estabelece que as crianzas teñen dereito á protección dos Estados para garantir os seus dereitos básicos. Pouco importa isto en Bruxelas, que opta por expulsar menores non acompañadas sexa cal sexa a súa…

Certame literario "Un verán con Begoña Caamaño": Imaxínate que fose a túa irmá ou a túa nai

Published: August 18, 2026 19:52

Trixésimo sexto dos relatos premiados no certame literario "Un verán con Begoña Caamaño", que se publicarán no caderno de verán 'Máis' durante os meses de xullo e de agosto. A autora é María Liñares Moure, estudante de 4º da ESO do IES Arcebipo Xelmírez.

Graciela Diéguez (BNG), nova alcaldesa de Viana do Bolo: "O máis importante é recuperar as zonas afectadas pola riadas"

Published: August 18, 2026 17:16

A nacionalista Graciela Fernández asumiu esta terza feira a Alcaldía de Viana do Bolo após a moción de censura presentada polo BNG e o PSdeG contra o Goberno de Andrés Montesinos (PP). Diéguez é a primeira muller en gobernar Viana do Bolo e conta con…

O alcalde de Láncara quere retirar a escultura de José Martí malia estar nun terreo privado

Published: August 18, 2026 16:33

O rexedor Darío Piñeiro (PSdeG) deu este 15 de agosto un ultimato, ou se retira o busto de José Martí inaugurado o 13 de agosto na Casa Museo Ángel Castro pola Asociación de Amizade Lácncara-Cuba, ou o Concello quitará de “inmediato” o monumento ao heroe…

Persoal de enfermaría e fisioterapia denuncia que afronta o verán sen substitucións e con máis dificultades para conciliar

Published: August 18, 2026 11:27

O Sindicato de Enfermaría (SATSE) denuncia que a falta de substitucións durante o verán está a dificultar aínda máis a conciliación da vida laboral e persoal de enfermeiras e fisioterapeutas. A organización sinala que o déficit de persoal obriga…

A presión veciñal fai recuar á Xunta e Ons poderá celebrar a súa festa patronal

Published: August 18, 2026 10:22

Finalmente, a Xunta recúa ante a presión da veciñanza e do concello de Bueu e permitirá finalmente a celebración das festas de San Xaquín e Santa Ana na illa de Ons. O Goberno galego autoriza a verbena prevista para este sábado como unha excepción…

Pacientes nos corredores e 180 camas fechadas: a CIG denuncia o "colapso" do CHUAC

Published: August 18, 2026 09:40

A CIG-Saúde denuncia un novo episodio de colapso nas Urxencias do CHUAC, con tres corredores ocupados por pacientes e arredor de 180 camas fechadas no complexo, unha situación que, segundo o sindicato, se agrava pola falta de persoal no verán.

Un novo terremoto de magnitude 4,6 sacode Granada e a súa área metropolitana

Published: August 18, 2026 09:12

Un terremoto de magnitude 4,6, segundo a primeira medición provisional do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), sacudiu esta terza feira Granada e a súa área metropolitana e foi sentido pola poboación en distintos puntos, tamén da provincia de Almería.

Estes son os 21 concellos en alerta vermella por altas temperaturas este 18 de agosto

Published: August 18, 2026 08:49

A calor extrema mantén esta terza feira varios puntos da Galiza baixo aviso meteorolóxico, con nivel vermello no Miño de Ourense e máximas que poderán chegar aos 42 graos. Sanidade recomenda extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis…

Silvia Fernández Recouso, escritora e ilustradora: "No meu libro a ilustración chama a atención, pero a esencia está nas palabras e nos diálogos"

Published: August 18, 2026 06:14

Silvia Fernández Recouso (Pontevedra, 1997) asina texto e ilustracións de O mar que me levou (Galaxia), unha historia en que un mozo de 16 anos descobre un estraño ritual de seu avó: cada mañá, o mariñeiro retirado baixa ao peirao e lanza unha botella ao…

Augusto Pérez Alberti, xeógrafo e investigador, asinou a segunda tese con 78 anos: "Vemos solos quimicamente moi distintos no Courel"

Published: August 18, 2026 06:14

O catedrático xubilado da USC Augusto Pérez Alberti (Tortosa, 1947) vén de presentar, con 78 anos, a súa segunda tese de doutoramento; un traballo de investigación centrado nos solos do Courel que lle permitiu volver á universidade para achegar coñecemento…

Alén do comercio ilícito: a memoria dignifica o contrabando na Raia do Miño

Published: August 18, 2026 06:14

A historiadora Natalia Jorge Pereira acrecenta a memoria raiana con dous traballos que afondan na realidade social da posguerra e que conquistaron o xurado do XXVII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Por primeira vez na historia do certame unha…

A crise da débeda xaponesa: a fenda que pon en xaque a hexemonía do sistema-dólar

Published: August 18, 2026 06:14

Unha nova fronte ábrese para Estados Unidos en Asia Oriental. Ao conflito sistémico que mantén coa China, súmase agora a crise do seu aliado de referencia na rexión, Xapón, cunha débeda pública que alcanza 260% do PIB e que ameaza os piares do taboleiro…

Os recortes da Xunta deixan sen cursos de formación 15.000 persoas sen emprego

Published: August 18, 2026 06:14

Os cursos de formación son unha das ferramentas necesarias para que as persoas en situación de desemprego poidan "reciclarse" de cara a poder atopar un traballo. Malia a formación ser un recurso de grande importancia, o Consello Económico e Social (CES)…

Certame literario "Un verán con Begoña Caamaño": As mulleres que calan tamén gardan tempestades

Published: August 17, 2026 19:32

Trixésimo quinto dos relatos premiados no certame literario "Un verán con Begoña Caamaño", que se publicarán no caderno de verán 'Máis' durante os meses de xullo e de agosto. A autora é Paula Stefanía Rodríguez Orasma, estudante de 3º da ESO do IES…

O BNG de Lugo pide un pleno extraordinario en agosto "para desbloquear os máis de 2,7 millóns de euros en facturas bloqueadas con Candia"

Published: August 17, 2026 13:34

O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, anunciou que rexistrou unha solicitude para que o goberno do PP convoque un pleno extraordinario "e desbloquear o pago das 542 facturas pendentes".

Amalia Bóveda, no 90 aniversario do asasinato do seu pai: "A falta de políticas públicas de memoria non é unha casualidade, é unha decisión política"

Published: August 17, 2026 13:08

Amalia Bóveda lembrou este 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, os 90 anos do fusilamento do seu pai, Alexandre Bóveda, líder nacionalista. "Non estamos aquí só para contar anos nin para compracernos na nostalxia. Estamos aquí para exixir respecto. Respecto…

San Vicente de Leira, un ano despois do incendio: entre entullos e promesas incumpridas

Published: August 17, 2026 12:01

Un ano despois do incendio forestal que arrasou 35.000 hectáreas en Valdeorras, a veciñanza de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, regresou simbolicamente ao lugar onde foi evacuada durante a vaga de lumes para denunciar que a recuperación…

O BNG acusa a Xácome de mentir sobre o derrube da Casa de Baños e denuncia que a tramitación de emerxencia carece de toda xustificación xurídica

Published: August 17, 2026 11:17

O BNG sinala que non existe rexistro de autorización de Patrimonio nin proxecto técnico ningún, e cuestionan que un informe de emerxencia presentado tres meses despois do incendio poida xustificar legalmente a demolición.

"Non se pode converter un incendio nunha sentenza de morte para o patrimonio": Apatrigal denuncia a demolición da Casa de Baños de Outeiro

Published: August 17, 2026 10:47

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) presentou ante a Fiscalía Provincial de Ourense unha denuncia de 67 páxinas para que se investigue a demolición da histórica Casa de Baños do Outeiro, integrada no ámbito BIC das Burgas…

Gardacostas incauta 263 quilos de peixe e marisco e máis de 650 aparellos "ilegais" nunha semana

Published: August 17, 2026 10:19

O Servizo de Gardacostas de Galiza tramitou 46 actas de presunta infracción entre o 10 e o 16 de agosto no marco dos operativos contra o furtivismo despregados por toda a costa galega. As actuacións permitiron decomisar 263,4 quilos de peixe e marisco e…

~ 96 additional posts are not shown ~