RSS Parrot

BETA

🦜 Nós Diario - Xornal de intereses galegos

@www.nosdiario.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: www.nosdiario.gal

Feed URL: www.nosdiario.gal/rss

Posts: 260

Followers: 83

Máis da metade das linguas do mundo poden desaparecer en 100 anos: A Declaración dos Dereitos Lingüísticos actualízase para os retos do século XXI

Published: October 23, 2026 21:20

A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos fai 30 anos e colectivos en defensa das linguas minorizadas impulsan a súa actualización para axeitala aos desafíos dos novos tempos. Expertos cítanse en Barcelona, entre eles María Pilar García Negro, que…

Ernesto López e Manuel Caride reivindican a vixencia do antimilitarismo tras seren homenaxeados por Galiza Nova

Published: October 23, 2026 21:15

A organización xuvenil nacionalista recoñeceu os dous antigos integrantes da súa Comisión Permanente, encarcerados nos anos 90 por negárense a cumprir o servizo militar obrigatorio, nun acto celebrado en Santiago.

O BNG solicitará a comparecencia de Sánchez e Marlaska polas cargas policiais contra manifestantes pacíficos na Coruña

Published: October 23, 2026 17:29

Néstor Rego cualifica de "inxustificábel" a actuación policial durante as protestas contra Vox, que deixaron máis dunha decena de persoas feridas e dúas detidas, e reclama responsabilidades políticas.

A Audiencia Nacional aplica a amnistía aos CDR da operación Judas tras o aval do TXUE e descarta violacións graves dos dereitos humanos

Published: October 23, 2026 16:14

A Audiencia Nacional española aplicou a amnistía ás 12 persoas encausadas na operación Judas, a causa por terrorismo aberta en 2019 contra activistas dos CDR, ao considerar que os feitos non implican violacións graves e intencionadas dos dereitos humanos.…

O Goberno español comprométese a entregar a lista de 163.000 nacionalizados pola 'lei de netos' após a advertencia penal do Supremo

Published: October 23, 2026 15:54

O alto tribunal dá até o 28 de outubro aos ministerios de Exteriores e Presidencia para identificar as persoas afectadas pola suspensión cautelar do voto no 29-N e advirte de multas e posíbeis responsabilidades penais se incumpren a orde.

O PP sitúa de número dous ao Congreso por Ourense, após Ana Vázquez, un ex portavoz do sindicato policial SUP

Published: October 23, 2026 15:14

Roberto González incorpórase á candidatura popular nunha circunscrición na que a continuidade de Vázquez, con máis de 25 anos no Congreso, xerou malestar interno. Fabiola García tamén irá nas listas e deberá abandonar a Xunta.

O último escano da Coruña iría para Vox pero o BNG estaría a só 350 votos de arrebatarllo e lograr un 2º deputado

Published: October 23, 2026 14:13

O ElectoPanel de Electomanía sitúa a circunscrición coruñesa como unha das máis disputadas de cara ás eleccións estatais do 29 de novembro, cunha diferenza inferior a unha décima entre ambas as formacións.

Os dous edís do BNG que asinaron unha moción de censura en Rairiz de Veiga deixan o grupo municipal despois de que a fronte nacionalista exixise a súa retirada

Published: October 23, 2026 12:51

O BNG trasladou aos dous concelleiros que, no caso de non retirar “de inmediato” as súas sinaturas da moción de censura, a organización nacionalista veríase na obriga de abrir o correspondente expediente para a súa expulsión

Pontón reitera que rexeita "todo tipo de violencia" e ve "moi grave" que o Goberno español "ordene cargas contra miles de persoas que se manifestan pacificamente"

Published: October 23, 2026 11:31

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, exixiu responsabilidades ao Goberno español polas cargas policiais que se levaron a cabo na mobilización da pasada cuarta feira contra o fascismo e contra a presenza de Vox na Coruña.

Ana Pontón conversa coa escritora e investigadora Brigitte Vasallo sobre a diáspora rural, os dereitos LGTBI ou o feminismo en ‘CódigoAna’

Published: October 23, 2026 09:37

Vasallo protagoniza así o próximo capítulo de CódigoAna, que se poderá ver integramente o 29 de outubro, a partir das 18.30 horas, na canle de YouTube do programa

As familias do Vila Laura suspenden a Xunta: a comunidade educativa volve mobilizarse para denunciar "44 días sen unha mestra de Educación Infantil"

Published: October 23, 2026 09:22

Na mobilización desta sexta feira, a comunidade educativa da EEI Vila Laura de Vigo contou co apoio do alumnado, familias e profesorado do CEP Dr. Fleming e do IES O Castro

Feixoo avanza que suprimirá o Ministerio de Igualdade mais di ser feminista "porque me criei na casa con moitas máis mulleres que homes"

Published: October 23, 2026 08:30

O líder do PP quere obrigar a que os proxenitores "coñezan" se unha filla de 16 anos decide abortar, malia que o Constitucional avalou que non se precise do consentimento paterno, e anuncia que reformará a Lei da eutanasia.

Decreto dos nitratos: Adega denuncia que a Xunta segue instalada no "negacionismo" e na "burla" á sentenza do TSXG sobre as augas da Limia

Published: October 23, 2026 08:00

A Xunta volveu sacar a consulta, por terceira vez desde 2025, o proxecto de Decreto para evitar a contaminación por nitratos. Adega estimou que o último texto é “case idéntico” aos anteriores no senso de “xustificar a súa inacción”, cualificando o…

Hugo Guezeta: "Boto de menos música cunha mensaxe máis combativa, máis antisistema"

Published: October 23, 2026 06:57

"Combativo" é unha palabra que se utiliza ás veces un pouco á lixeira, especialmente nestes tempos de ciberactivismo e actos simbólicos. Non é o caso de Hugo Guezeta (Ponteareas, 1991), rapeiro e membro fundador de SonDaRúa, pois abonda con escoitar as…

Carolina Basanta, irmá dun dos detidos nas protestas contra Vox: "A Policía cargou e detivo o meu irmán sen motivo"

Published: October 23, 2026 05:59

Carolina Basanta ten 16 anos e vive na Coruña. Antonte participou da mobilización contra o fascismo na praza de María Pita co seu pai e o seu irmán, de 20 anos e militante de Galiza Nova, que foi detido nas cargas policiais. Carolina interveu á tarde, na…

Xosé Constenla, xeógrafo: "A organización socioeconómica do territorio foi determinante para que a guerrilla aguantase"

Published: October 23, 2026 05:59

Xosé Constenla (Santiago, 1980), xeógrafo e profesor da Universidade de Vigo, forma parte do comité científico do I Congreso Internacional da Guerrilla Antifascista na Provincia de Ourense, que decorrerá en Entrimo (Baixa Limia) o 15, 16 e 17 de xaneiro…

Quen é quen en Israel e cal é o factor chave para que Netanyahu deixe de ser primeiro ministro despois das eleccións do 27-O?

Published: October 23, 2026 05:59

Benjamin Netanyahu, xulgado por corrupción, busca un novo mandato nas eleccións deste 27 de outubro. Con todo, as enquisas sitúan por diante Yashar, do ex xefe do Estado Maior Gadi Eisenkot, mais ningún bloque alcanza a maioría nas principais sondaxes,…

'Caídas', o teatro como exercicio de memoria e reparación para romper o silencio

Published: October 23, 2026 05:58

O Teatro Principal de Santiago acolleu esta quinta feira a estrea de 'Caídas', a nova produción de Redrum Teatro, dirixida por Marián Bañobre. A montaxe leva á escena a represión sufrida por miles de mulleres no Patronato de Protección a la Mujer entre os…

(1-2) O Celta vence, e convence, cunha vitoria de carácter no Celtic Park grazas a dous goles de Javi Rodríguez

Published: October 22, 2026 21:01

O Celta de Giráldez tiña un obxectivo claro na súa visita a terras escocesas: sumar de tres e esquecer as malas sensacións que viña arrastrando en Europa. E nun partido que se puso costa arriba nada máis comenzar a segunda metade, un gran Javi Rodríguez…

Máis uva ca nunca e prezos á baixa: o paradoxo da vendima galega

Published: October 22, 2026 20:24

O sector vitivinícola galego fechou a vendima máis abondosa e madrugadora da súa historia, con 78,5 millóns de quilos de uva recollidos nas súas cinco Denominacións de Orixe. Porén, o récord chega acompañado da preocupación, con denuncias de prezos á baixa…

A CIG leva a súa campaña contra a explotación de migrantes á obra de Negreira onde morreu un operario

Published: October 22, 2026 20:23

A Federación da Construción e Madeira da CIG levou a súa campaña contra a explotación laboral de persoas migrantes a unha obra de Negreira (Xallas), onde un operario brasileiro morreu nun accidente de traballo o 9 de setembro. O sindicato alerta de que as…

A gasolina encadea tres semanas á baixa e abarátase máis de 8% coa rebaixa fiscal

Published: October 22, 2026 20:23

Os prezos dos carburantes baixaron por terceira semana consecutiva coa rebaixa fiscal do Goberno español no Imposto sobre Hidrocarburos. O litro de gasolina sitúase en 1,780 euros, o seu mínimo desde finais de agosto, tras abaratarse máis de 8% en tres…

Alimentes suma deporte, descanso e desconexión dixital á súa nova edición nas aulas

Published: October 22, 2026 20:23

O programa educativo Alimentes, de Gadis, regresa ás aulas cunha nova unidade didáctica sobre hábitos de vida saudábeis, centrada no deporte, a importancia do descanso e a desconexión dixital, e con fichas para que o alumnado de Educación Infantil e dos…

Sloviansk e Kramatorsk, no foco da negociación para a paz en Ucraína: Zelenski rexeita entregar a Rusia o territorio que controla en Donetsk

Published: October 22, 2026 19:17

Zelenski advirte de que ceder as dúas cidades daría vía libre a Rusia até Dnipró, mentres Trump asegura que a paz está "máis perto que nunca" e o Kremlin sitúa Abu Dabi como posíbel sede de novas conversas.

"Prohibiranse as manifestacións sempre que sexa posíbel": Macron anuncia a limitación das protestas ás convocadas por sindicatos

Published: October 22, 2026 19:17

Macron ordena aos prefectos prohibir as mobilizacións que non convoquen os sindicatos por consideralas promovidas por colectivos "sen lexitimidade", e recomenda que non haxa manifestacións nos próximos días.

Abanca, condenada a devolver case 20.000 euros a clientes vítimas de ‘phishing’

Published: October 22, 2026 17:54

A Audiencia Provincial de Pontevedra e o Tribunal de Instancia de Santiago ditaron en setembro sentenzas que obrigan Abanca a devolver a totalidade dos fondos defraudados a clientes vítimas de ‘phishing’, 19.872 euros entre os dous casos. Os tribunais…

María Pilar García Negro participa na actualización da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, 30 anos despois de corredactala

Published: October 22, 2026 17:20

A filóloga galega, que participou na redacción do documento orixinal en 1996, forma parte do comité internacional que busca adaptar a protección das linguas aos desafíos sociais, políticos e tecnolóxicos actuais.

Afectados pola suspensión do voto da 'lei de netos' recorren ao Supremo a través do despacho de Garzón

Published: October 22, 2026 16:49

Tres persoas denuncian a vulneración dos seus dereitos fundamentais e solicitan a anulación da medida cautelar que impide votar a milleiros de nacionalizados residentes no estranxeiro nas eleccións do 29 de novembro.

Datos confidenciais de cidadáns filtrados por Telegram: a Xustiza investiga un chat con centos de policías

Published: October 22, 2026 16:09

A Fiscalía aprecia indicios de revelación de segredos e outros delitos pola presunta difusión de antecedentes, documentos de identidade e información policial durante anos. A causa permanece baixo segredo.

A Coordinadora da Mocidade Socialista denuncia a actuación da Policía española e achega imaxes “da violencia policial”

Published: October 22, 2026 12:38

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) sinalou como “responsábeis políticos desta vergoñenta situación” o delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, exixindo a súa dimisión, após as cargas policiais nas…

Galiza Nova, BNG e Erguer convocan concentracións para este domingo nas sete cidades galegas contra a “represión policial” tras as cargas na protesta contra Vox

Published: October 22, 2026 12:01

As mobilizacións serán simultáneas este domingo, 25 de outubro, ás 12 horas, nas sete cidades, despois de que axentes da Policía Nacional cargasen contra a mobilización na Coruña de rexeitamento do fascismo

Adega alega contra o parque eólico Ferromolín polos seus “impactos” sobre a biodiversidade, o territorio e os incendios

Published: October 22, 2026 10:49

A asociación alertou das “eivas” do estudo ambiental dun proxecto de 27 MW previsto entre Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Oencia, un territorio afectado polo gran incendio de agosto de 2025

O delegado do Goberno español nega as cargas na Coruña, di que se actuou "para disolver", informa de tres detencións e atribúe "os altercados" a grupúsculos de "inflitrados"

Published: October 22, 2026 09:22

Unha multitudinaria mobilización contra o fascismo eclipsou esta cuarta feira por completo o acto de Vox na Coruña. Durante as protestas producíronse cargas policiais que deixaron máis dunha decena de persoas feridas e tres detidas. O delegado do Goberno…

A prisión central de Santa Isabel e o campo de concentración de Lavacolla

Published: October 22, 2026 06:34

Tras o golpe de Estado e durante a década dos corenta habilitáronse dous centros de reclusión destacados en Santiago de Compostela que acompañaron á prisión municipal: a prisión central de Santa Isabel e o campo de concentración de Lavacolla. A primeira,…

Lula recorta distancias e chega en empate técnico con Bolsonaro á segunda volta: as chaves da carreira final á Presidencia do Brasil

Published: October 22, 2026 06:03

As enquisas sitúan Luiz Inácio Lula da Silva e Flávio Bolsonaro en empate técnico a tres días das eleccións no Brasil. O presidente, que perdeu a primeira volta por algo máis de dous millóns de votos, aspira a ser o primeiro en remontar nunhas…

A circunscrición da Coruña, no foco da carreira cara ao 29-N: está o último escano entre o primeiro de Vox e o segundo do BNG?

Published: October 22, 2026 06:03

O partido ultraespañolista sitúa a súa batalla na Coruña, onde recoñece que as enquisas dan un empate no último escano que elixe está circunscrición. Esa acta, a oitava, estaría en disputa entre Vox e o BNG, que chama a "concentrar o voto" arredor da súa…

Bieito Ledo, presidente da Asociación de Amigos de Antón Pulido: "El dicía que pintaba para transmitir enerxía positiva, achegou moita humanidade"

Published: October 22, 2026 06:03

O escritor e editor Bieito Ledo (Padroso, Xunqueira de Ambía, 1944) preside a recentemente creada Asociación de Amigos de Antón Pulido, que ten como obxectivo preservar e divulgar o legado do artista. Amigos desde novos, compartiron unha traxectoria ligada…

Miguel Vieito, avogado: "Os mecanismos xurídicos non son prácticos e non protexen o inquilino"

Published: October 22, 2026 06:03

Miguel Vieito (Carballo, 1985) é avogado especializado en dereito antidiscriminatorio. En plena crise da vivenda, está a percorrer o país de man da Plataforma Galega Vivenda Xa! Lugo e Pontevedra serán as seguintes paradas para afondar nos dereitos da…

Miles de persoas mobilizadas contra o fascismo, duras cargas policiais e un acto de Vox frustrado: crónica dunha xornada de contestación social na Coruña

Published: October 21, 2026 20:34

Unha multitudinaria mobilización contra o fascismo eclipsou esta cuarta feira por completo o acto de Vox na Coruña. Durante as protestas producíronse cargas policiais que deixaron máis dunha decena de persoas feridas.

As persoas que coidan o territorio, protagonistas das novas guías de ‘A Paisaxe que Sabe’

Published: October 21, 2026 20:02

A Deputación da Coruña presentou esta cuarta feira no Pazo de Arenaza, en Oleiros, as catro novas guías de ‘A Paisaxe que Sabe’, unha iniciativa que reivindica as persoas que están detrás da riqueza paisaxística, gastronómica e cultural da provincia:…

O vacún de carne fecha un bo 2025, mais o consumo cae e os custos soben este ano

Published: October 21, 2026 20:02

Un estudo da Fundación Juana de Vega presentado esta cuarta feira en Compostela revela que as explotacións galegas de vacún de carne fecharon 2025 cunha marxe media de 27.656 euros por granxa, fronte aos 2.665 de 2024. A entidade alerta, porén, de que a…

Zelenski di estar disposto a conxelar as liñas da fronte e Putin abre a porta a negociacións trilaterais con Ucraína e os Estados Unidos

Published: October 21, 2026 20:01

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, mostrouse disposto a conxelar as liñas da fronte para avanzar cara a un acordo de paz con Rusia. Mentres, o enviado especial dos EUA, Steve Witkoff, reuniuse en Moscova con Vladimir Putin, que se declarou aberto a…

Rueda aproveita as eleccións estatais para apartar Santalices e Fabiola García da política galega

Published: October 21, 2026 19:16

O presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Santalices, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, concorrerán nas listas do Partido Popular ás Cortes do Estado. A súa saída significa un trunfo para Alfonso Rueda, que aparta da política galega…

VÍDEO | Risto Mejide expulsa Avia Veira do seu programa por denunciar as cargas policiais na concentración contra Vox: "Non me deixaron explicarme nin dicir a verdade"

Published: October 21, 2026 18:13

O presentador interrompeu reiteradamente a portavoz do BNG na Coruña e cortou a conexión cando esta denunciaba a actuación policial, que deixou máis dunha decena de persoas feridas.

Centos de persoas mobilízanse fronte á Subdelegación do Goberno español para denunciar as cargas policiais na concentración contra Vox

Published: October 21, 2026 17:47

Galiza Nova, o BNG, a CIG e Erguer convocaron a protesta na Coruña, onde esta mañá milleiros de persoas se manifestaron contra a presenza de Santiago Abascal.

Demostración de forza no segundo día de folga do metal de Lugo, que avanza tres xornadas máis de paro

Published: October 21, 2026 17:34

Profesionais do sector do metal volveron mobilizarse esta cuarta feira en Lugo na segunda xornada de folga convocada por CIG, CCOO e UXT para exixir melloras nos convenios do siderometal e do comercio do metal. Os sindicatos advirten de que, se non hai…

Mario Figueira, participante na mobilización antifascista na Coruña: "Estabamos a manifestarnos pacificamente e de súpeto a políca cargou"

Published: October 21, 2026 15:45

Mario Figueira, responsábel da organización estudantil Erguer na zona da Coruña e militante do movemento xuvenil nacionalista galego, relata a Nós Diario como un policía o agrediu mentres participaba pacificamente dunha concentración de repulsa contra a…

~ 160 additional posts are not shown ~