RSS Parrot

BETA

🦜 Praza Pública - Últimas novas

@praza.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Praza Pública - Últimas novas

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: praza.gal/

Feed URL: praza.gal/rss/novas

Posts: 42

Followers: 30

Sanidade presenta o novo plan de saúde mental antes que os resultados da avaliación do anterior

Published: September 10, 2026 06:01

"O importante deste plan é todo o rigor orzamentario que se fai á hora do deseño e planificación de cales son os recursos necesarios en cada área sanitaria", sinala o director xeral de Integración e Innovación Asistencial do Sergas. "Ás veces non é só…

Ceuta centra os debates de Rueda con Pontón e Besteiro sobre o custo da vida e a xestións de emerxencias en Galicia

Published: September 9, 2026 10:31

O presidente pide a Sánchez "botarse a un lado e deixar que veña alguén que colla os asuntos do país dunha vez con seriedade" logo de que BNG e PSdeG lle afeasen seguidismo de Feijóo na crise de Ceuta

Bono Concilia ou entradas para un concerto? Filas virtuais de máis dunha hora para pedir as axudas

Published: September 9, 2026 08:40

A cola para solicitar ata 200 euros por campamentos de verán acumulou milleiros de persoas nos primeiros minutos tras a apertura do prazo. Os cartos chegarán aos primeiros que os pidan e cumpran os requisitos dun programa que este ano exclúe os servizos…

"O auxe da extrema dereita lexitima dicir burradas como que as mulleres non deberían votar e sexa opinable"

Published: September 9, 2026 06:51

Martín Salvado, economista e investigador en economía política, analiza na serie 'Mocidade e democracia' como a precariedade laboral e a crise da vivenda erosionan a confianza da xente moza nas institucións e os riscos da lexitimación de discursos que…

O Informe PISA destaca Galicia polo mellor nivel dos centros públicos fronte a privados e concertados

Published: September 9, 2026 06:11

Destaca que o país é unha das comunidades onde non hai diferenza de rendemento a favor dos colexios e institutos de titularidade privada, malia ser esta a tendencia habitual. O alumnado da pública obtén resultados de entre 15 e 25 puntos superiores en…

"Faltan mans": anticipan un comezo de curso "moi conflitivo" por falta de profesorado en secundaria

Published: September 9, 2026 06:02

Este curso 26/27 que arranca este mércores 9 de setembro será o da aplicación efectiva da recuperación da xornada de 18 horas lectivas para os docentes de Secundaria, unha das medidas contempladas no acordo asinado entre Xunta e algúns sindicatos, que foi…

Case 17 anos de prisión para o vigués que tratou de asasinar a súa exparella e lle queimou o 28% do corpo

Published: September 8, 2026 16:00

A Audiencia de Pontevedra considera probado que o condenado levou a cabo este intento de asasinato "movido por un sentimento de superioridade e posesión" cara á vítima "como muller e parella"; e incide en que o vigués se mantivo "sen aceptar a ruptura" da…

O Sergas está disposto a pagar 7,3 millóns a quen o axude a recuperar 48 estafados en cueiros para adultos

Published: September 8, 2026 11:09

A asesoría xurídica a Xunta di non ter capacidade para reclamar ao cartel de empresas que durante vinte anos amañou o prezo dos cueiros para adultos e prevé pagar a avogados externos entre o 10% e o 15% do que recuperen

Forte caída do nivel educativo en Galicia: curso e medio cara atrás en comprensión lectora

Published: September 8, 2026 07:25

O Informe PISA revela caídas de 20 puntos nas competencias científica e matemática do alumnado galego, o que equivale á perda dun curso lectivo, e de máis de 30 en lectura. España obtén o peor resultado da historia nun contexto global de "baixada…

A taxa turística chega a Vigo o 1 de outubro

Published: September 7, 2026 15:23

O concello vigués aproba definitivamente o tributo turístico, que xa rexe hai un ano na Coruña e Santiago, con varios descontos sobre os topes legais permitidos pola Xunta. Ata o 1 de xullo de 2027 a taxa viguesa só gravará as dúas primeiras noites e non o…

BNG e PSdeG propoñen senllos plans para paliar a "deterioración" do ensino público en Galicia

Published: September 7, 2026 10:42

Pontón e Besteiro coinciden en denunciar o empeoramento do sistema educativo e sinalan a Xunta pola falta de profesorado ou polos recortes. Entre as medidas, recuperar da gratuidade dos libros de texto, universalizar os comedores, aumentar o número de…

"A mocidade ten unha visión deformada do franquismo e diso somos culpables hoxe, en democracia"

Published: September 7, 2026 07:58

Serxio María Rodríguez achega á serie Mocidade e democracia a súa perspectiva sobre a cultura e a participación política entre a mocidade, o fenómeno da chamada polarización ou as causas e consecuencias de realidades como a banalización da ditadura, entre…

64.000 euros en 8 anos: así vai a idea de Feijóo de que donos de terras sen limpar paguen a extinción dos lumes

Published: September 7, 2026 06:02

Rueda quere que Naturgy pague 1,6 millóns por un incendio, pero desde que en 2018 entrou en vigor a lei para repercutir o custo da extinción a propietarios que non xestionen a biomasa, a Xunta só pediu os cartos 15 veces malia que debe facelo de oficio

FICBUEU: dúas semanas de experimentación, descuberta e reflexión ao redor da curtametraxe

Published: September 6, 2026 07:54

A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu converte a localidade pontevedresa entre o 4 e o 19 de setembro nun punto de encontro arredor do audiovisual en formato curto. A programación combina as seccións Oficial, Descubertas e GZ_00, as…

20 anos do pelotazo de Barreiros: permisos para mil vivendas nunha semana nunha vila de 3.000 habitantes

Published: September 6, 2026 07:51

Leiras a 3 euros o metro cadrado viraban en solo urbano a 600 euros grazas á permisividade do Concello do PP. Agora gobernado polo BNG, traballa nun plan de urbanismo coa prioridade de "ordenar" a desfeita e derrubar o inacabado, non o xa habitado

EUA planea financiar medios afíns á dereita radical en Europa antes das eleccións de 2027

Published: September 5, 2026 08:01

O Departamento de Estado do Goberno de Trump prevé dedicar os fondos ao que considera "retroceso democrático en Europa", en liña coa axenda da extrema dereita no continente. En vésperas de relevantes comicios en España, Italia ou Francia pon cartos para un…

Unha pouca menos calefacción, moito máis aire acondicionado: o cambio climático muda as casas galegas

Published: September 5, 2026 07:49

Eurostat mantén unha estatística de necesidades de calefacción e refrixeración nas vivendas de cada unha das rexións da UE. Nos últimos anos en Galicia baixou levemente o número de días nos que se necesita quentar a casa, pero duplicáronse as xornadas nas…

"Anoche conquisté Tebas' propón un tipo de masculinidade bastante diferente á que se adoita representar na ficción"

Published: September 4, 2026 17:30

Grabriel Azorín escribe e dirixe a película 'Anoche conquisté Tebas', rodada integramente nas termas romanas de Bande, na que as 'máxicas' augas logran que rapaces de diferentes épocas compartan o mesmo espazo e o impulso de abrirse e mostrar os seus…

Aínda sen auga "limpa e segura" na Limia: reclaman que Xunta e Estado cumpran a sentenza do encoro das Conchas

Published: September 4, 2026 09:30

O ditame do alto tribunal galego produciuse en xullo do ano pasado e a ratificación do Supremo chegou en febreiro deste ano, rexeitando os recursos do Goberno galego e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Porén, a veciñanza demandante asegura que non…

Fiscalía aclara a cifra de menores migrantes que evita revelar a Xunta e reclama protexelos

Published: September 4, 2026 09:08

A Fiscalía Superior explica que "na actualidade, 90 menores se atopan en Galicia tras os procesos de reubicación", todos agás un procedentes das Canarias. O total incrementouse en apenas unha vintena durante o verán. Os datos oficiais máis recentes de…

Sánchez nega probas da autoría de Marrocos na entrada a Ceuta e asegura que publicará todos os informes

Published: September 3, 2026 13:08

O presidente do Goberno de España asegura que non existiron avisos previos sobre o cruzamento masivo e rexeita de plano a tese de que o Executivo coñecía a magnitude do que ía ocorrer e decidiu conscientemente non actuar: "En que cabeza cabería?". Revela,…

"Teño conciencia política e sinto moita responsabilidade no que digo nas redes sociais"

Published: September 3, 2026 10:20

Prado Rúa, primeira convidada na serie de entrevistas 'Mocidade e democracia' cunha reflexión sobre o peso das redes na opinión pública, a desinformación ou as vantaxes e inconvenientes de tomar posición política na esfera pública dirixida á xente moza

Mobilización total das dereitas a conta de Ceuta

Published: September 3, 2026 07:02

PP e Vox capitalizan as concorridas concentracións "en solidariedade e apoio a Ceuta" nun contexto de mobilización total da súa base contra o Goberno de España e, nomeadamente, contra Pedro Sánchez. Rueda, que encabezou a comitiva popular na Coruña, sostén…