🦜 Praza Pública - Últimas novas
@praza.gal@rss-parrot.net
I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline!
Brought to you by the RSS Parrot.
---
Praza Pública - Últimas novas
Your feed and you don't want it here? Just
e-mail the birb.
'Caídas' cuestiona en escena a superación do que pasaron as mulleres no Padroado de Protección do franquismo
https://praza.gal/cultura/caidas-cuestiona-en-escena-a-superacion-do-que-pasaron-as-mulleres-no-padroado-de-proteccion-do-franquismo
Published: October 23, 2026 17:29
Redrum Teatro volve apostar pola confrontación da realidade enriba dos escenarios, por que o público saia das representacións coa necesidade de comentar a experiencia vivida. Un ensaio homónimo da investigadora Montse Fajardo, como xa ocorreu coa obra…
As comunidades de montes galegas, recoñecidas como exemplo internacional na COP17 da ONU
https://praza.gal/acontece/as-comunidades-de-montes-galegas-reconecidas-como-exemplo-internacional-na-cop17-da-onu
Published: October 23, 2026 13:11
Un informe da Conferencia da ONU sobre Biodiversidade, que recolle un total de 56 estudos de caso liderados por comunidades de todo o mundo, destaca os proxectos centrados na gobernanza colectiva e na restauración ecolóxica das entidades locais galegas.
Expediente a Candia por utilizar o Concello de Lugo contra a esquerda en período electoral
https://praza.gal/politica/expediente-a-candia-por-utilizar-o-concello-de-lugo-contra-a-esquerda-en-periodo-electoral
Published: October 23, 2026 11:47
A Xunta Electoral de Zona abre proceso sancionador contra a actual alcaldesa lucense por contravir a lei cunha visita ás obras dun aparcadoiro e o comunicado oficial posterior, no que se gabou da súa xestión e atacou o goberno de PSdeG e BNG na cidade,…
Feijóo ábrese a recortar o dereito ao aborto e eliminará o Ministerio de Igualdade se chega á Moncloa
https://praza.gal/politica/feijoo-abrese-a-recortar-o-dereito-ao-aborto-e-eliminara-o-ministerio-de-igualdade-se-chega-a-moncloa
Published: October 23, 2026 07:38
O líder do PP confirma que pactará con Vox se é preciso para ser presidente do Goberno de España e que o sería mesmo se a súa non é a lista máis votada. No caso de conseguilo, promete derrogar a lei de Memoria Democrática, reformar a lei de eutanasia e…
Onde vai o diñeiro dos alugueiros? Barrios céntricos e clases altas reciben máis rendas inmobiliarias
https://praza.gal/economia/onde-vai-o-dineiro-dos-alugueiros-barrios-centricos-e-clases-altas-reciben-mais-rendas-inmobiliarias
Published: October 23, 2026 06:02
Os datos da Axencia Tributaria correspondentes ano ano 2024 amosan que é nos barrios con maior renda total onde as rendas inmobiliarias teñen un maior peso sobre os ingresos totais. Ademais, nas cinco meirandes cidades galegas as persoas con ingresos…
Condena á CSAG no Supremo por nomear tribunais de selección de persoal sen contar cos sindicatos
https://praza.gal/politica/condena-a-csag-no-supremo-por-nomear-tribunais-de-seleccion-de-persoal-sen-contar-cos-sindicatos
Published: October 22, 2026 13:49
O TS conclúe que a antiga CRTVG vulnerou "o dereito fundamental á liberdade sindical" da CUT por non cumprir a negociación que fixa o convenio colectivo para elixir as persoas que deciden nos procesos de ampliación de listas de contratación. A sentenza…
O Estado obriga a Xunta a "coordinar" coa Coruña e Santiago o gasto dos 10 millóns das zonas tensionadas
https://praza.gal/politica/o-estado-obriga-a-xunta-a-coordinar-coa-coruna-e-santiago-o-gasto-dos-10-millons-das-zonas-tensionadas
Published: October 22, 2026 11:27
As subvencións para autonomías con zonas de mercado residencial tensionado chegan ao BOE. Os consistorios coruñés e compostelán reclamaran ao Goberno galego a transferencia dos cartos pola súa oposición política á medida. Rueda avanzara a súa intención de…
O Concello da Illa mercará un edificio incautado a Marcial Dorado para facer vivendas públicas
https://praza.gal/politica/o-concello-da-illa-mercara-un-edificio-incautado-a-marcial-dorado-para-facer-vivendas-publicas
Published: October 22, 2026 09:12
O Estado retira da poxa prevista para novembro o inmoble que o consistorio prevé mercar cun crédito de 1,3 millóns e habilitar nel 15 pisos públicos. O goberno local xa adquirira en 2025 ao Plan Sobre Drogas outros terreos que foran de Dorado para 70…
Multadas dúas funerarias por repartirse cadáveres na área de Santiago
https://praza.gal/economia/multadas-duas-funerarias-por-repartirse-cadaveres-na-area-de-santiago
Published: October 22, 2026 06:02
Competencia sanciona que dúas empresas fúnebres que podían competir por separado se presentasen xuntas a dous concursos públicos en 2020 e 2024 sen rebaixar nada a súa oferta, o que supuxo un prexuízo "aos contribuíntes e ao interese xeral"
O PP envía o presidente do Parlamento ao Senado e á conselleira de Política Social ao Congreso
https://praza.gal/politica/o-pp-envia-o-presidente-do-parlamento-ao-senado-e-a-conselleira-de-politica-social-ao-congreso
Published: October 21, 2026 14:46
Miguel Santalices encabezará a candidatura dos populares á Cámara Alta por Ourense e Fabiola García será a número dous da lista que encabeza Miguel Tellado pola provincia da Coruña
Milleiros de antifascistas na Coruña contra Abascal
https://praza.gal/politica/milleiros-de-antifascistas-na-coruna-contra-abascal
Published: October 21, 2026 10:31
A mobilización contra o fascismo, que acabou sendo obxecto de cargas policiais, leva milleiros de persoas á praza de María Pita en repulsa por un acto do líder de Vox, que acusa os manifestantes de "violencia e coacción" e de ser "cómplices de Sánchez".
29N no Hórreo: "Campaña cutre", "oportunidade para non sufrir máis" ou "elixir perro"
https://praza.gal/politica/29n-no-horreo-campana-cutre-oportunidade-para-non-sufrir-mais-ou-elixir-perro
Published: October 21, 2026 10:14
Rueda responde sobre desigualdades da cidadanía atribuíndoas a Pedro Sánchez, ao PSOE e ao BNG e sinalando as eleccións xerais como "oportunidade de acabar con todo isto", porque "a xente" vai dicir que "veña o PP". Pontón ve "en evidencia" que o…
Un himno desde o País Vasco para o club de fútbol de Abadín
https://praza.gal/deportes/un-himno-desde-o-pais-vasco-para-o-club-de-futbol-de-abadin
Published: October 21, 2026 07:55
La Txama, coñecida banda vasca, compón a canción oficial do equipo logo dunha promesa e como agradecemento polo bo trato que lle deu a localidade durante o seu paso polo festival Rumboia Viva.
Profesorado axudante doutor da USC denuncia a "parálise" da súa estabilización laboral
https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/profesorado-axudante-doutor-da-usc-denuncia-a-paralise-da-sua-estabilizacion-laboral
Published: October 21, 2026 06:20
O colectivo denuncia que a falta dun informe da Consellería de Facenda mantén bloqueada unha convocatoria que, din, xa acumulaba meses de atraso pola falta de planificación do anterior equipo reitoral. Denuncian, ademais, que a Consellería de Educación…
O Campo da Rata, de escenario de execucións a lugar de memoria
https://praza.gal/movementos-sociais/o-campo-da-rata-de-escenario-de-execucions-a-lugar-de-memoria
Published: October 21, 2026 06:12
'Falamos de memoria', a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, recupera as historias dos asasinatos perpetrados polos golpistas na contorna da Torre de Hércules, dende a execucións tras consellos de guerra ata os chamados…
A Xunta mantén en 2027 a rebaixa de impostos aos bingos para "recuperarse" da COVID
https://praza.gal/politica/a-xunta-manten-en-2027-a-rebaixa-de-impostos-aos-bingos-para-recuperarse-da-covid
Published: October 21, 2026 06:02
O custo dos recortes tributarios do Goberno galego sobe por riba do 2% para o ano vindeiro e suporá perder de ingresar uns 500 millóns de euros. As rebaixas de máis impacto seguen sendo as do imposto de sucesións e doazóns, cunha perda estimada de 335…
Feijóo confirma negociacións con Vox para o Senado e a Tellado pola Coruña ao Congreso
https://praza.gal/politica/feijoo-confirma-negociacions-con-vox-para-o-senado-e-a-tellado-pola-coruna-ao-congreso
Published: October 20, 2026 13:57
O ex-presidente recoñece contactos coa formación da extrema dereita con "discreción" e "respecto" para acordaren candidaturas, tentar acceder á maioría da Cámara Alta que permite remudar postos no Constitucional e confrontaren co proxecto unitario liderado…
Máis de 10 millóns para A Coruña e Santiago: o Estado duplica os fondos de zonas tensionadas
https://praza.gal/economia/mais-de-10-millons-para-a-coruna-e-santiago-o-estado-duplica-os-fondos-de-zonas-tensionadas
Published: October 20, 2026 12:22
O Ministerio de Vivenda dobra a cantidade que destinará exclusivamente ás comunidades autónomas con concellos declarados zonas de mercado residencial tensionado, que pasa de 90 a 180 millóns. Os gobernos coruñés e santiagués levan semanas reclamando…
A achega da Xunta ás pensións non contributivas seguirá conxelada en 18 euros ao mes en 2027
https://praza.gal/politica/a-achega-da-xunta-as-pensions-non-contributivas-seguira-conxelada-en-18-euros-ao-mes-en-2027
Published: October 20, 2026 06:20
A Xunta volve prever nos Orzamentos de 2027 que o seu complemento ás PNC sexa un pagamento anual dun máximo de 220,50 euros, que nos catro anos previos acabou deixando en 218. Previamente Feijóo mantivérao máis dunha década nos 206 que aprobara tras…
A Xunta aproba a flexibilización da moratoria do eucalipto que o PP non tramitou por erro
https://praza.gal/politica/a-xunta-aproba-a-flexibilizacion-da-moratoria-do-eucalipto-que-o-pp-non-tramitou-por-erro
Published: October 20, 2026 06:02
Aproveita a lei de acompañamento para permitir aos propietarios replantar o 100% da superficie desta especie noutra parcela, algo que só se permitía reducindo ao 75% a repoboación. O Goberno galego confirma unha modificación que intentou hai un ano a…
Dependencia e vivenda soben por riba da media no orzamento da Xunta, sanidade por baixo
https://praza.gal/politica/dependencia-e-vivenda-soben-por-riba-da-media-no-orzamento-da-xunta-sanidade-por-baixo
Published: October 19, 2026 12:07
A Xunta entrega as contas públicas do ano vindeiro ao Parlamento, o que permite comprobar como se reparte a anunciada suba xeral do 6%. No incremento do orzamento de dependencia destaca o incremento superior ao 50% dos fondos para pagamentos a familiares…
Modificado o decreto da lingua no ensino: o galego volve ás ciencias só se marcha doutras materias
https://praza.gal/politica/modificado-o-decreto-da-lingua-no-ensino-o-galego-volve-as-ciencias-so-se-marcha-doutras-materias
Published: October 19, 2026 08:01
A 'lei de acompañamento' dos Orzamentos cambia a norma que regula o uso das linguas nos centros escolares 17 anos despois tras o pacto entre PP e PSdeG. A lingua deberá ser a mesma en cada bloque (de ciencias ou social) e só se permitirán "intercambios…
Tanxugueiras afanse a facer historia con outro cheo no Coliseum
https://praza.gal/cultura/tanxugueiras-afanse-a-facer-historia-con-outro-cheo-no-coliseum
Published: October 19, 2026 07:08
Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío presentan o directo d'O cuarto e celebran o seu décimo aniversario como grupo con igual éxito e mesmo con maior emoción que na primeira ocasión na que lograran encher de público o emblemático recinto coruñés. "Houbo…
As cartas de Alejandra Murguía, primoxénita de Rosalía, a Ángela Santamarina amosan aspectos descoñecidos da nai
https://praza.gal/cultura/as-cartas-de-alejandra-murguia-primoxenita-de-rosalia-a-angela-santamarina-amosan-aspectos-desconecidos-da-nai
Published: October 19, 2026 06:20
Para Dolores Vilavedra, a edición desta correspondencia significa "dar voz a unha muller como Alejandra, que ficou completamente ensombrecida polas figuras dos seus pais, aos que se entregou cunha xenerosidade inesgotable"
Incumprimentos, sospeitas de amaño e agora risco de quebra: a Xunta atasca na mellora dos helicópteros do 061
https://praza.gal/politica/incumprimentos-sospeitas-de-amano-e-agora-risco-de-quebra-a-xunta-atasca-na-mellora-dos-helicopteros-do-061
Published: October 19, 2026 06:02
Eliance, que xestiona as urxencias médicas aéreas do Sergas, entra en preconcurso de acredores logo de sancións reiteradas da Xunta, que non logra renovar o servizo tras quedar deserto un contrato que varias empresas vían orientado a un único fabricante
Estudar galego nunha universidade alemá. O caso do Centro de Estudos Galegos de Kiel
https://praza.gal/cultura/estudar-galego-nunha-universidade-alema-o-caso-do-centro-de-estudos-galegos-de-kiel
Published: October 18, 2026 07:20
María Xosé Porteiro entrevista en Vigo a Elmar Eggert, director do Centro de Estudos Galegos adscrito ao Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel (Alemaña). “A linguaxe é sempre algo cultural, histórico, social. Unha cousa é falar e outra…
"Non se pode prohibir a IA no ensino; a clave é a formación, do profesorado e do alumnado"
https://praza.gal/acontece/non-se-pode-prohibir-a-ia-no-ensino-a-clave-e-a-formacion-do-profesorado-e-do-alumnado
Published: October 18, 2026 07:00
Máis dun terzo dos e das estudantes galegas usa ferramentas de IA xerativa cada semana para os traballos de clase, segundo revela o último informe PISA. O auxe destes asistentes é un dos temas que abordamos con este catedrático da UDC e profesor e…
A dereita estatal tivo un galego de candidato en 10 das 16 xerais, pero só dúas veces foi presidente
https://praza.gal/politica/a-dereita-estatal-tivo-un-galego-de-candidato-en-10-das-16-xerais-pero-so-duas-veces-foi-presidente
Published: October 18, 2026 06:30
Rajoy encabezou o PP cinco veces para ser presidente só en 2011 e 2016, mentres que Fraga fracasou en tres ocasións e Feijóo terá agora a súa segunda oportunidade
A conflitividade laboral dispárase en Galicia ás portas do 11N: a maior cifra de folgas dende o 2009
https://praza.gal/economia/a-conflitividade-laboral-disparase-en-galicia-as-portas-do-11n-a-maior-cifra-de-folgas-dende-o-2009
Published: October 18, 2026 06:00
Só entre xaneiro e agosto participaron en folgas laborais en Galicia máis traballadores e traballadoras que nos 12 meses de todos os anos dende o 2009. Os case 50 mil participantes en folgas no que levamos de ano multiplican por oito as cifras de 2025.…
Fronte Ampla adía o anuncio das súas candidaturas en Galicia e celebra o acordo co PSdeG-PSOE no Senado
https://praza.gal/politica/fronte-ampla-adia-o-anuncio-das-suas-candidaturas-en-galicia-e-celebra-o-acordo-co-psdeg-psoe-no-senado
Published: October 17, 2026 12:00
Fronte Ampla atrasa "uns días" a comunicación das súas listas para o 29N "para axustar a comunicación das distintas forzas da coalición". "Todo está acordado pero imos facelo de forma conxunta", di Paulo Carlos López
90 empregados mergúllanse en 66 toneladas de papel en Bos Aires á procura de votantes da 'lei de netos'
https://praza.gal/politica/90-empregados-mergullanse-en-66-toneladas-de-papel-en-bos-aires-a-procura-de-votantes-da-lei-de-netos
Published: October 17, 2026 07:00
O maior consulado de España no exterior, o da capital do país que aglutina máis de 180.000 inscricións no CERA das circunscricións galegas, advirte de que o Supremo terá que decidir quen vota utilizando datos parciais
"Falta de coordinación" e "perda de tempo" na investigación de incendios de Xunta e Garda Civil, di a Fiscalía
https://praza.gal/acontece/falta-de-coordinacion-e-perda-de-tempo-na-investigacion-de-incendios-de-xunta-e-garda-civil-di-a-fiscalia
Published: October 17, 2026 06:30
A memoria anual da Fiscalía de Galicia reflicte os problemas detectados nos últimos meses coas pulseiras anti maltratadores, con incidencias "todos os días" e problemas de "operatividade" en "poboacións pequenas ou fronteirizas con Portugal"
Comeza a tempada de caza: un millón de animais mortos en cinco anos e o xabarín é só o 9%
https://praza.gal/acontece/comeza-a-tempada-de-caza-un-millon-de-animais-mortos-en-cinco-anos-e-o-xabarin-e-so-o-9
Published: October 17, 2026 06:00
Tras varios anos de baixada repunta o número de licenzas coincidindo coas decisións da Xunta de renovar automaticamente e de balde as licenzas de caza de maiores de 65 anos e facelas indefinidas