RSS Parrot

BETA

🦜 Praza Pública - Últimas novas

@praza.gal@rss-parrot.net

I'm an automated parrot! I relay a website's RSS feed to the Fediverse. Every time a new post appears in the feed, I toot about it. Follow me to get all new posts in your Mastodon timeline! Brought to you by the RSS Parrot.

---

Praza Pública - Últimas novas

Your feed and you don't want it here? Just e-mail the birb.

Site URL: praza.gal/

Feed URL: praza.gal/rss/novas

Posts: 34

Followers: 27

As cifras de SAIC en Ferrol: 1.500 empregos na construción e 2.000 en funcionamento, dende o 2031

Published: July 5, 2026 07:47

A factoría, que podería montar uns 120.000 turismos cada ano, realizará a "ensamblaxe completa" dos coches, con compoñentes que chegarán ao Porto Exterior, dende onde se distribuirán a toda Europa os vehículos rematados. Cando a planta estea en marcha,…

Cada vez hai máis ricos (sobre todo en Madrid)

Published: July 4, 2026 07:36

Dende o ano 2017 ata o 2024 máis que se duplicou en Galicia o número de persoas con ingresos superiores aos 601.000 euros. Porén, representan unha porcentaxe menor (o 0,05% dos contribuíntes) que no resto do Estado (0,08%) e sobre todo que en Madrid…

AP-9, e agora que? Unha incerta negociación cun ollo na UE

Published: July 4, 2026 07:28

A norma, pactada polo PSOE, BNG e Sumar e co "non" do PP e Vox, remite as condicións concretas do traspaso a un pacto da Xunta co Estado e fixa que o Goberno de España terá que asumir "as consecuencias das decisións" que tomase sobre a autoestrada mentres…

"A tipografía di moito de quen che fala": así naceron as novas letras do Dépor, que beben de Sargadelos

Published: July 3, 2026 17:29

Hai unha semana o Deportivo anunciou a "actualización da súa identidade visual", na que destaca o uso de dúas tipografías exclusivas -Faro e Proa- realizadas polo deseñador Rubén Prol, que xa viña realizando as letras dos dorsais do equipo nos últimos…

'Lume' de Brais Lorenzo no Parlamento Europeo

Published: July 3, 2026 13:25

A eurodeputada do BNG inaugura na sede da Eurocámara en Bruxelas unha mostra con algunhas das imaxes máis destacadas do galardoado fotoxornalista ourensán sobre a loita contra os incendios en Galicia. Miranda e representantes do BNG en Ourense manteñen…

Queremos Galego propón unha ILP para "blindar" a lingua

Published: July 3, 2026 06:12

A proposición de Lei Lingua Vital, que se presentará en setembro, incluirá a derrogación do decreto de plurilingüismo, o recoñecemento do galego como lingua vehicular e de acollida en todos os niveis, o aproveitamento da lusofonía e chama a "blindar a…

As vivendas baleiras dos bancos son tantas como as que a Xunta prevé construír nesta lexislatura

Published: July 3, 2026 06:11

A Sareb, o 'banco malo', é titular de máis da metade das vivendas baleiras inscritas no censo da Xunta cuxos datos vén de liberar Praza.gal, co Santander como segundo gran propietario. Estes pisos ou os públicos promovidos pola Xunta non cobren, nin de…

Nove anos de cadea para o ex-deputado Xabier Ron por agresión sexual continuada a unha menor

Published: July 2, 2026 08:43

A sentenza describe con detalle sucesivas agresións sexuais do antigo parlamentario de AGE (2012-16) a unha menor coa que estableceu contacto como profesor no seu instituto. Alén da prisión e da indemnización xa pagada, a Audiencia imponlle 10 anos de…

Outras 300 mortes por suicidio en Galicia

Published: July 2, 2026 06:21

INE e Imelga volveron rexistrar en 2025 arredor de trescentas as mortes por suicidio, "un dos máis graves problemas de saúde pública que padecemos", vén advertindo o Movemento Galego pola Saúde Mental, coa segunda maior taxa do Estado. O Instituto de…

Curtocircuíto abre a súa nova edición coa reflexión de Xacio Baño sobre a transformación das cidades

Published: July 1, 2026 10:50

O Teatro Principal acolleu este martes a inauguración da 23ª edición do festival e a proxección de Despois das cidades, unha reflexión coral arredor de Santiago de Compostela a través de múltiples voces, cartas e postais, construíndo unha mirada sobre a…

Baiona, Monte Neme, As Catedrais ou a ría de Ferrol, sinaladas con 'bandeiras negras' por agresións ao litoral

Published: June 30, 2026 14:43

O informe que todos os anos elabora Ecoloxistas en Acción pon o foco ademais na costa do Cabo Estai (Vigo) e Illa Pancha (Ribadeo), espazos todos afectados pola contaminación ou a mala xestión ambiental das costas. Nesta edición a organización ecoloxista…

Un acordo "moi positivo" pon fin á folga do metal, "exemplo para a clase traballadora galega"

Published: June 30, 2026 07:39

As asembleas de traballadores aprobaron o preacordo para o convenio do metal da provincia da Coruña asinado prevamente polos sindicatos, poñendo fin á folga que o sector levou a cabo nas últimas semanas. A nivel salarial aceptouse unha suba do 15% en catro…

O alumnado vira en investigador do seu propio pasado e da memoria democrática das mulleres

Published: June 30, 2026 06:20

Mozos e mozas do IES Salvador de Madariaga de A Coruña, IES A Rodeira, en Cangas e IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizaron medio cento de entrevistas para un podcast co que afondaron como era a vida das mulleres da ditadura e a represión específica que…

Rueda acusa a Sánchez de non financiar escolas infantís en Galicia tras devolverlle 22 millóns

Published: June 30, 2026 06:12

O presidente sostén que a proposta do Estado para rebaixar o número de crianzas por docente en escolas infantís, a comezar por pasar de 8 a 4 nas aulas de bebés, "compromete a gratuidade" en Galicia, estendida mediante subvencións a centros privados

A Xunta autoriza usar maquinaria no monte con risco extremo de incendio entre ecos do caso Oímbra

Published: June 30, 2026 06:02

Unha roza dunha empresa que traballaba para Xunta e Concello en día de risco extremo de lume, prohibida por unha orde que nunca chegou onde debía, acabou provocando o segundo maior incendio documentado en Galicia. Medio Rural argumenta que "non resulta…

O centro de Galicia xa goza do seu parque

Published: June 29, 2026 13:27

A Deputación de Lugo inaugura o Parque Central de Galicia en torno á carballeira de Nugallás (Antas de Ulla) onde quedou localizado o centro xeográfico do país tras un estudo encomendado polo Instituto de Estudos Ulloáns

Un agosto de música en María Pita: Mercedes Peón, Fillas de Cassandra, The Rapants ou Luz Casal

Published: June 29, 2026 12:16

Este luns presentouse a programación das festas da Coruña. Á programación de concertos en María Pita, que comeza o 1 de agosto co pregón de Lucía Veiga, súmanse outras citas, coma o Festival Noroeste Estrella Galicia, o Certame de Habaneras, o Festival…

A RAG premia a Aquí Tamén se Fala: "As Irmandades estarían orgullosas"

Published: June 29, 2026 09:09

A Academia concede o galardón 'Na lingua que eu falo' ao proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña, "un dos movementos de dinamización lingüística máis relevantes das últimas décadas, cunha capacidade transformadora que está a chegar moito máis alá das…

O Barbanza mobilízase na Pobra contra as esperas "inxustificables" en centros de saúde e PAC

Published: June 29, 2026 08:06

Unha manifestación percorreu este domingo as rúas da vila para demandar que a Xunta cobra todas as prazas existentes e que dote ao Centro de Saúde da Pobra dun Punto de Atención Continuada a tempo completo para evitar saturar os outros PAC da comarca.

Fronte ao odio, orgullo

Published: June 28, 2026 16:15

O orgullo máis combativo, transfeminista e galego fíxose escoitar nas rúas galegas esta fin de semana para loitar “contra o odio e a cisheteronorma”, segundo salientan desde a plataforma Avante LGTB+, con presenza nas sete cidades.